martes, 11 de julio de 2023

HUGO COCIÑA, MOCIDADE PARA A DIANTEIRA BRANCA

Hugo Cociña
Hugo Cociña Martínez, Hugo (Fene, 2004) é o quinto reforzo do primeiro equipo branco. Hugo, xuvenil a tempada anterior dá o salto a modestos e ir a fai no seu propio Concello para defender as cores do Cultural Maniños. Como curiosidade Hugo é irmán de Mateo, un dos porteiros do primeiro equipo. 

Hugo deu as primeiras patadas ao balón nos veciños do CCRD Perlío xogando ata alevíns fichando en categoría infantil no Galicia de Caranza onde xogou a Liga Galega da categoría. No seu primeiro ano en Cadetes gaña a Liga e a Copa para no seu segundo ano nesta categoría xogar do mesmo xeito que en Infantís a Liga Galega. O seu primeiro ano e Xuvenil coincide coa pandemia non xogando a fútbol para os dous seguintes anos xogar na Liga Galega, o primeiro na SD O Val e logo no Galicia de Caranza onde retornara dende a escuadra valexa. Agora no seu paso a Modestos defenderá as cores da Cultural Maniños.

Xogador eminentemente atacante gústalle xogar nas bandas, preferentemente no esquerda pero ten ocupado tamén a posición de dianteiro centro. Por tanto xogador que pode ocupar calquera das posicións de arriba e con bueas prestacións como o demostran a súa traxectoria.

HUGO, BENVIDO A MANIÑOS

GO MANIÑOS