lunes, 11 de mayo de 2026

FINDE SEN BRILLO PARA O RESTO DE EQUIPOS SENIORS DO CLUB

Segunda División – Feminino

Eiris S.D. 2 - 0 Cultural Maniños
O feminino regresou sen premio do seu desprazamento tras caer nun partido moi igualado e disputado ata o final . Un gol na parte final do primeiro tempo foi demasiado castigo para as nosas.

O equipo loitou na segunda parte na busca do empate, pero outro gol nas postrimerías acabou coa resistencia das brancas .

Na segunda metade, co 1-0 no marcador, as brancas chegaron a anotar o que sería o gol do empate, pero foi anulado polo colexiado  nunha acción chea de dúbidas e que, a día de hoxe, segue sen explicación clara.

As nosas volveron demostrar compromiso e traballo colectivo, competindo en todo momento pese ao resultado adverso.

Un encontro que deixa boas sensacións no esforzo e na actitude do equipo 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Tercera División - Veteranos

C.D. Ciudad 1 - 1 Cultural Maniños
Empate de mérito dos veteranos do Cultural Maniños no campo do Ciudad nun duelo intenso e moi competido. Os locais puxéronse por diante cun penalti, canto menos rigoroso, pero os de O Pote souberon repoñerse e buscaron o empate por momentos con máis corazón ca cabeza.

A expulsión dun xogador branco complicou aínda máis o encontro, mais o Maniños foi quen de seguir dominando moitas fases do partido e non sufrir en demasía. Mato puxo o empate cun gran lanzamento de falta e os nosos incluso tiveron ocasións para completar a remontada, aínda que tamén tocou sufrir a balón parado.

Un punto que reforza a moral antes do decisivo encontro fronte ao Betanzos, no que podería decidirse o pase ás semifinais.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

“E pobre do que queira quitarnos a ilusión”

GO MANIÑOS