martes, 5 de mayo de 2026

DOS CARAS E UNA INXUSTA E POLÉMICA CRUZ DOS SENIORS DO CLUB

Segunda División – Feminino

Cultural Maniños 4 - 2 S.D.C. Órdenes
Vitoria clave nun partido de vida ou morte!

O Feminino afrontaba un encontro decisivo pola permanencia… e respondeu como había que facelo Dende o inicio, o equipo foi claramente superior, dominando o ritmo do partido e xerando ocasións con continuidade.

Co paso dos minutos, esa superioridade transformouse en goles, abrindo unha vantaxe que facía xustiza ao visto no campo. Aínda que o rival conseguiu achegarse no marcador na recta final, o Maniños soubo sufrir e manter a calma para pechar un triunfo fundamental.

Partido serio, completo e cun equipo que deu un paso adiante cando máis o necesitaba.

Tres puntos de ouro para seguir loitando!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

Cultural Maniños B 1 - 2 S.D.C. Narón O Freixo
Derrota cruel nun partido moi igualado

O filial disputou un encontro moi competido, no que ningún dos dous equipos logrou imporse con claridade. O Maniños B fixo un partido serio, ordenado e con boas fases de xogo, competindo de ti a ti durante os 90 minutos.

O empate parecía o resultado máis xusto… pero no tempo engadido chegou o golpe definitivo. No minuto 97, tras anunciarse 5 de desconto, o rival anotou o 1-2 nunha xogada moi protestada por posible fóra de xogo, con varios xogadores implicados na acción.

Sen entrar en polémicas excesivas, queremos expresar o noso malestar coa decisión arbitral nun momento tan determinante do partido. Un desenlace que deixa unha sensación amarga para un equipo que, como mínimo, fixera méritos para sumar.

Toca levantarse e seguir.

Seguimos, máis unidos ca nunca

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos

Cultural Maniños 3 - 2 A.D.C. Aranga
Vitoria sufrida dos veteranos nun partido que puido quedar resolto moito antes O encontro comezou cun Cultural Maniños dominador, levando o peso do xogo e xerando ocasións máis que suficientes para abrir o marcador con claridade.

Non entanto, entre a falta de acerto e algún punto de mala sorte, o equipo non foi quen de reflectir esa superioridade no resultado antes do descanso e tan só marchaba cun 1 a 0 perigoso ao descanso, con gol de Javi Pazos.

E xa se sabe… cando se perdoa, toca sufrir. Nunha xogada illada, o Aranga conseguiu igualar o partido nos primeiros compases da segunda parte, o que provocou que o equipo perdese algo de control e non amosara o seu mellor fútbol durante a segunda parte.

A pesar diso, apareceu Javi Rico cun dobrete que puxo terra de por medio no marcador para colocar o 3-1 que parecía definitivo.

O encontro aínda gardaba emoción… Nunha acción moi dubidosa por posible fóra de xogo, o Aranga recortou distancias co 3-2, levando a incerteza ata o final.

Finalmente, os tres puntos quedaron na casa, aínda que cunha sensación algo agridoce: o equipo foi superior, pero deixou escapar a oportunidade de pechar o partido moito antes.

O equipo segue con pé firme na competición cun 6 de 6.

Seguimos!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS