Segunda División – Feminino
Partido decisivo e de máxima tensión o que afrontaba o Cultural Maniños ante un rival directo… e resposta de equipo grande.
Saíron moi enchufadas as locais, conscientes do que había en xogo, e non tardou en chegar o premio co tanto de Lara Míguez (10’). Un gol que marcou o rumbo dun encontro moi disputado.
A partir de aí, tocou traballar, sufrir e competir cada balón. O rival apertou, como era de esperar nun duelo destas características, pero o Maniños mostrouse sólido, ordenado e con carácter para defender a vantaxe.
Tres puntos de ouro nun partido dos que marcan a tempada.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
Cultural Maniños 4 -3 Xuventud Cabanas
Partidazo e festival ofensivo para un Cultural Maniños que se levou un triunfo sufrido ante o Xuventud Cabanas (4-3).Non puido empezar mellor o encontro, con Pablo Pérez (4’) abrindo o marcador, aínda que a resposta visitante foi inmediata. O partido entrou nun intercambio de golpes constante, con alternativas no marcador.
A pesar dos intentos finais do rival, o Maniños soubo resistir e amarrar tres puntos de moito mérito.
Un deses partidos tolos que fan afección.
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí
GO MANIÑOS

