viernes, 22 de mayo de 2026

DÉCIMA FINAL PARA OS BRANCOS NA COPA DE FERROLTERRA

Será a décima final de Copa de Ferrolterra, de Ferrol ou da Ría en calquera das diferentes denominacións que tivo a Copa da nosa Comarca. Nesta ocasión será unha final inédita a que disputen na Pedreira (Mugardos) o Cultural Maniños e a SD O Val o vindeiro sábado 23 a partir do 18.30 H.

Das 9 finais xogadas anteriormente 5 acabaron en vitoria branca mentres as outras 4 acabaron en derrotas. O primeira final, na tempada 1963/64, acabou con vitoria os brancos que se impuxeron pola mínima (1-0) á SD Esteiro no Campo de San Xoán. Non se volveu a xogar ningunha final ata a tempada 1970/71 ano do triplete (liga, copa e Campionato Galego de Afeccionados) cando os brancos derrotaron aos veciños da SD Limodre por (3-1) no Estadio Manuel Rivera. Tardaríanse 17 anos para volver a unha final, tempada 1987/88 e nesta ocasión a cousa non saíu ben con derrota no Manuel Rivera por (2-0) ante o Meirás CF. dúas tempadas despois, 1989/90 e de novo no Inferniño, vitoria ante o extinto UD Piñeiros por (5-1). Ningunha presenza branca na década dos 90 para volver a unha final na tempada 2001/02 no Bernardino Breixo da Barqueira e con vitoria aos penaltis ante o Narón Balompé Piñeiros, curiosamente herdeiro do UD Piñeiros. Repetiuse final a seguinte tempada na Pedreira ante o Galicia de Mugardos e derrota (1-0) ante os verdes. Na 2010/11 vitoria na Gándara ante o ADC A Capela para na 2013/14 e no Estadio da Malata derrota por (2-0) ante o AD Miño. Na última final disputada polos brancos, derrota novamente na Gándara ante o Eume Deportivo por (2-1).

Mañá escribirase outra páxina da nosa historia...

GO MANIÑOS