Esperábase con expectación a visita do CD As Pontes a O Pote. Sen dúbida un dos Clubs con máis historia do fútbol galego que noutros tempos chegou a disputar unha fase de ascenso a 2ª División. Un CD As Pontes ademais que na primeira volta infrinxiu unha dura derrota aos brancos que acudían a O Poboado como líder. Á fronte dos azuis está o ex xogador de Racing e Celta, Fran Caínzos e como axudantes o ex adestrador do Maniños Luis García, Luigi e como delegado un bo amigo do noso Club como é Anxo Barro, Peruzzi.
![]() |
Intre no que Santi golpea ao fondo das redes |
O partido en liñas xerais foi moi pelexado con opcións para os dous equipos de poder levarse os tres puntos pero onde as mellores oportunidades foron locais aclarando que nos instantes finais do partido os visitantes tiveron a súa gran opción co lanzamento dun penalti que detivo o meta branco Marcos pero ese e un tiro desde fóra da área pouco despois do penalti errado foron os únicos disparos entre os tres paus dos das Pontes. Todo o resto das oportunidades foron locais, na primeira parte polo menos tres moi claras, especialmente unha de Caio que golpeou o traveseiro nun balón case a pracer. Antes un gran disparo de Pedro que é despexado polo meta visitante. Na segunda parte claras oportunidades de Julián que se traba na definición, de Hugo que fixo unha baselina que pasou por encima do traveseiro por centímetros... Sen dúbida cada un no seu plan de partidos aos puntos e polas ocasións xeradas vitoria aos puntos clara dun Maniños que sufriu ata o final como non podía ser doutra maneira. No minuto 72, Santi desde o bordo da área aproveitou un balón que puxo atrá Hugo tras unha xogada que comezou nun saque de esquina. Un gol que facía xustiza ao equipo e ao propio xogador polo seu traballo. De aí ao final os brancos situáronse con orde sobre o terreo de xogo buscando unha contra definitiva, falta de acerto como a sinalada de Hugo anteriormente ou malas decisións ou precipitacións imposibilitou sentenciar o partido. Bordeando o minuto 90 penaltito que o Colexiado Iago de Oliveira sinalou sen dubidalo a pesar de que a xogada ofrecía moitas dúbidas porque a sensación é que o dianteiro azul é o que golpea ao xogador branco Santi que se anticipa. Afortunadamente Marcos resolveu o agravio. O partido finalizou co coñecido (1-0) o que permita aos brancos seguir una semana máis pelexando nos postos nobles da taboa. O peor a lesión de Christian que esperemos sexa o menos posible.
Próxima etapa Prados Vellos, un campo moi difícil ante un rival que foi de menos a máis e que sen dúbida pondrá as cousas moi difíciles aos brancos que tendán que dar o mellor de si para mantener a súa boa dinámica. Será o domingo as 18:00 H.
Parabéns equipo!!!
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí