Importante triunfo dos modestos na súa visita a Prados Vellos onde tradicionalmente é moi complicado arrincar algo positivo co engadido de que o Numancia estaba no mellor momento da tempada cunha reacción que lle está permitindo ir sacando a cabeza de posicións complicadas e dada a gran igualdade calquera punto sumado pode ser de gran importancia.
![]() |
Intre no que Rául abre o marcador en Prados Vellos |
O partido seguiu o guion esperado, o balón para o Maniños e os locais ben ordenados esperaban a súa oportunidade en forma dunha contra rápida ou aproveitar algún erro do brancos pero sobre todo sendo firmes e seguros atrás. E así foi o partido cun Maniños que non acaba de estar cómodo no campo pero facendose dono do balón tentando achegamentos pero sen acerto nos pases finais. Un disparo de Marcos Piñeiro rozando o poste e unha falta ao bordo da área lanzada por Adri que le faltaron centímetros para sorprender a De Navas foron as mellores opcións nesta primeira metade mentres os aresáns non chegaron á meta dun Marcos Amado que pasou inadvertido nestes primeiros 45 minutos. Con o inicial (0-0) o partido marchou ao tempo de lecer.
A segunda parte foi do mesmo corte, un Maniños dono do balón e un Numancia que parecía que se estiraba un pouco máis aínda que sen xerar perigo. Un gran disparo de Agras á saída dun saque de esquina resolto por un gran De Navas foi a primeira gran oportunidade dos brancos que aproveitaron unha rápida contra de Pedro que puxo un balón perfecto a Raúl que superou á bo meta local por baixo do corpo. (0-1) e o partido poñíase de fronte para o Maniños. Os locais tentaron chegar á área branca pero sen acerto aínda así tiveron un remate de cabeza que saíu alto e pouco máis. Nunha falta lateral a favor do Maniños, rebumbio na área e David, especialista en meterlle goles ao Numancia, aproveitou un balón solto para poñer o (0-2) definitivo. Xa non pasou nada máis e o partido finalizou co resultado coñecido.
Tres puntos importantes que permite aos brancos afianzarse no alto da táboa. Faltan 7 xornadas (6 máis o partido aprazado) e as espadas están en todo o alto. O próximo finde un novo derbi de Ferrolterra coa visita do Eume Deportivo que aínda que non está no seu mellor momento clsificatorio é un dos mellores equipos da competición. Será o domingo 6 ao 17.00 H. en O Pote.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí