Comezaba a liga cun Maniños de veteranos cheo de caras
novas, moitas coñecidas, e sobre todo moitas ilusións. A busca de novos
horizontes impulsou unha pronta pretemporada en O Pote, onde os xogadores,
aínda coa tempada anterior recentemente rematada, xuntáronse para empezar a
coñecerse e sentar as bases dun ano que prometía grandes cousas.
Os primeiros partidos da tempada deixaban motivos para soñar. A Copa puxo a proba ao equipo, que saíu reforzado tras plantar cara a un rival de categoría superior. O balón, que ata entón parecía amigo, rodaba con fluidez e o equipo exhibía un xogo que convidaba ao optimismo. Nos adestramentos, os sorrisos e a camaradería eran protagonistas indiscutibles.
Mais o fútbol, con toda a súa beleza, tamén é un deporte
imprevisible. E o equipo pronto se viu atrapado nunha rede de contratempos. A
falta de fortuna en momentos decisivos e uns resultados que non facían xustiza
ao esforzo realizado comezaron a marcar o ritmo dunha tempada que se volvía
cada vez máis complicada.
As vitorias, non chegaban e as caras sorrintes tornáronse
serias, e cada xornada era un recordatorio da dificultade de saír dunha
racha negativa, especialmente cando as expectativas eran tan altas. Non
obstante, algo admirable mantíñase intacto: a ilusión e a forza para seguir
loitando.
O fútbol é unha mestura inseparable de táctica, físico e
emoción, e cando o balón decide non entrar, o aspecto psicolóxico pesa
tanto ou máis ca calquera outra variable. A pesar de todo, o equipo nunca
deixou de esforzarse. Cada partido era unha nova oportunidade, unha nova
batalla, un novo capítulo dunha historia que aínda non está escrita por
completo.
Porque no fútbol, caer nunca é o final, e aqueles equipos que non se renden, que persisten no traballo e no esforzo, atoparán o seu momento de gloria.
Porque mentres o balón siga rodando, sempre haberá
unha nova xogada por intentar, un novo gol por marcar e unha nova tempada por
conquistar.
GO MANIÑOS!