Blog do Cultural Maniños, SD equipo de 1ª Galicia e que na tempada 2022/23 ten 9 categorías e 11 equipos de fútbol: Aficionados A y B, Feminino, Xuvenís, Cadetes, Infantiles, Alevíns A y B, Benxamines, Prebenxamines e Veteranos.
miércoles, 26 de febrero de 2025
lunes, 24 de febrero de 2025
OS VETERANOS SEGUEN SEN DAR COA TECRA
Dende o primeiro asubío do árbitro, o Maniños saíu ao campo con determinación e enerxía, creando varias ocasións de gol que acenderon os ánimos dos seguidores locais. Non obstante, a falta de puntería evitou que concretaran esas oportunidades.
Os do Pote comezaron ben o partido, pero o mal común deste ano fixolles incar o xeonllo tralo primeiro gol do Vioño, que na sua primeira ocasión si foi quen de facer diana. Este golpe fixo dubidar aos xogadores de Maniños, que perderon o control do xogo.
O primeiro tempo rematou cun marcador de 0 a 2 a favor do Vioño.
O segundo tempo comezou competido, pero pronto os brancos encaixaron dous goles consecutivos nos minutos 54 e 55, o que acabou coas esperanzas maniñesas.
A pesar da desvantaxe, Maniños non se rendeu e logrou reducir a diferenza cun bo gol Javi Pedreiras dende fóra da área no minuto 80, coñecido como o gol da honra.
A ledicia durou pouco, e o Vioño volveu marcar rapidamente o 1 a 5.
Foi finalmente Ramón quen maquillou o resultado tras unha boa xogada de Javi Rico e un posterior disparo cuxo rexeite foi aproveitado polo propio Ramón para enviar o balón ao fondo da rede. 2-5
O FEMININO CAE POLA MÍNMA ANTE O ORILLAMAR
![]() |
Intre do partido xogado no Pote |
OS MODESTOS PROLONGAN SÚA BOA DINÁMICA
Vitoria importante do Maniños que rompe a súa mala dinámica de resultados en casa (non gañaba desde o 17 de novembro cando se derrotou ao Numancia) ao derrotar á combativo Torre, SD que levaba unha boa serie de partidos sen perder e que se instalou na metade da táboa con claras aspiracións a seguir escalando posicións.
![]() |
Intre do partido no Pote entre o Maniños e o Torre (RRSS: @CulturalManinos) |
Empezaron fortes os visitantes especialmente os 20 primeiros minutos onde dominaron o partido con varios achegamentos con tiros afastados e algún balón parado aínda que sen crear problemas serios aos brancos. Non chegou o primeiro tiro a porta dos brancos ata que Pedro disparou desviado sobre a meta coruñesa. A primeira clara ocasión foi de Álvaro que tras xogada individual disparou ao traveseiro. Pouco despois chega o primeiro gol branco da tarde, balón que conduce Adri que o filtra a Älvaro, centro deste que controla Santi ao bordo da área, balón atrás e aí Julián cun tiro raso bate ao meta herculino. (1-0). Sentou ben o gol aos brancos coas mellores oportunidades ata chegar ao descanso, un balón que se lle foi pola liña de fondo a Pedro en inmellorable posición tras un bo pase de Santi, unha falta ao bordo da área executada por Miragaya e que tras golpear na barreira sae pola liña de fondo e un tiro de Santi desviado puxeron a rúbrica á primeira parte onde o Maniños foi de menos a máis e o Torre xustamente ao revés. Co coñecido resultado de (1-0) o partido foise ao tempo de lecer.
A segunda parte non puido comezar mellor para os brancos e así un balón pelexado por Álvaro que o fai chegar a Julián este a Adri en banda que centra de primeira e alí Pedro no segundo pau só ten que empuxar para poñer o (2-0). E cando parecía que o partido estaba controlado e podía quedarse a tarde en tranquila, un minuto despóis do gol, balón en longo a un xogador visitante que aprovéitase dunha dúbida de Mateo en se saír chegando antes ao balón baténdoo por baixo. (2-1) e os visitantes enganchábanse de novo ao partido. A incerteza acabouse cando Adri fixo un magnífico pase a Santi que superou o seu defensor en carreira plantándose diante do meta visitante superándoo por baixo. (3-1) e de novo o incendio parecía controlado. A partir de aquí o partido só tivo un dominador que foi o Maniños que se culminou co último gol branco, xogada de Hugo que chega ata case a liña de fondo, pase atrás e aí Pedro cun tiro raso asinou o seu dobrete. (4-1) e final do partido.
Tres puntos importantes que como xa se dixo arriba rompe a serie negativa en O Pote que xunto aos resultados producidos na xornada levanta aos brancos á terceira posición recortando a distancia en dous puntos ao líder Victoria CF. O domingo partido ante o equipo máis en racha da competición, o Relámpago, SD de Elviña con 8 vitorias consecutivas e ao que se visitará na Grela á 18.30 H. Sen dúbida un gran reto!
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
O FILIAL É GOLEADO EN OLEIROS
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (21-22-23) FEBREIRO
PREBENXAMINES (2ª Fase - X06): Cultural Maniños - SD O Val "B" (2)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X06): Cultural Maniños - CD Narón "B" (X)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X06): SCRD Narón Freixo - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (2ª Fase - X06): Meirás CF "B" - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2ªF - X10): Cultural Maniños 3 - SD Libunca 4
CADETES (2ªF - X10): Cultural Maniños 5 - CD Narón "B" 0
XUVENILES (2ªF - X07): Cultural Maniños 2 - SD Ánimas 1
FEMININO (X21): Cultural Maniños 0 - Orillamar, SD 1
VETERANOS (X21): Cultural Maniños 2 (Javi P. e Ramón) - Vioño CF 5
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X22): AD Cristo Rey 6 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X23): Cultural Maniños 4 (Julián, Pedro (2) e Santi) - Torre, SD 1
miércoles, 19 de febrero de 2025
lunes, 17 de febrero de 2025
DERROTA DOS VETERANOS EN CLARA MELLORÍA
O pasado sábado, o campo de Elviña vibrou cun bo encontro entre o Sporting Coruñés e o Cultural Maniños. O encontro prometía ser unha batalla intensa e, sen dúbida, non defraudou.
Dende o inicio do partido, ambos equipos amosaron un alto
nivel de competencia. O Maniños adiantouse no marcador cun gol de Javi Rico no
minuto 16, poñendo ao seu equipo en vantaxe. O Sporting Coruñés igualou o
marcador no minuto 40, pero os do Pote foron quen de recuperar a vantaxe
rapidamente grazas a un gol de falta de David Coira no minuto 43, deixando o
marcador 1-2 ao descanso.
Na segunda metade, o Maniños tivo varias oportunidades
claras para sentenciar o partido, pero non logrou aproveitalas.
Foron os branquiazuis, quenes nunha contra no minuto 74, empataron
o encontro, o que aumentou a tensión no campo. No minuto 80, unha controvertida
expulsión de Raúl, cunha actitude canto menos rechamante do árbitro, obrigou a
Maniños a repregarse.
A pesar diso, Maniños resistiu e mesmo saíu á contra en
algunha ocasión con perigo, pero sen ser capaz de concretar.
Nos últimos instantes do partido, unha falta na frontal e un
rexeitamento na área deixaron o balón aos pés dun xogador coruñés, quen non
desaproveitou a oportunidade e marcou o gol definitivo, selando a vitoria de
Sporting Coruñés por 3-2.
A pesar do resultado, o equipo branco sale reforzado, pois a
pesar da mal sorte no resultado final, foi quen de competir durante todo o
encontro e incluso ser superior por momentos.
Un bo paso nunca liga complicada para os do Pote, que non
perden a ilusión por conseguir mellores resultados.
⚽ Maniños – Vioño
📆 23/02/2025
VITAL VICTORIA DO FEMININO NA GRELA
![]() |
Intre do partido na Grela |
O FILIAL VOLVE A SENDA DO TRIUNFO NA GÁNDARA
UN EFICAZ MANIÑOS DERROTA NA TORRE AO CD MARTE
Vitoria de moito valor do Maniños ante un moi bo equipo como é o CD Marte que vendeu moi cara a súa derrota do mesmo xeito que no partido de ida en O Pote. Dominio territorial local pero con pouca efectividade de fronte ao gol.
![]() |
Intre do partido na Torre 1 |
Empezou ben o Maniños con varios achegamentos incluído un remate de chilena de Santi á saída dun córner e pronto se abriría o marcador cun gran pase de Adri a Santi que cun gran disparo adiantaba aos brancos. Gran asistencia e gran definición. Pouco despóis gran oportunidade para os locáis, falta ao bordo da área fantasticamente executada por Andrés e gran parada de Mateo. Nova ocasión local cun tiro cruzado dun xogador local que saíu rozando o porte esquerdo da portería defendida por Mateo. E cando o partido parecía que se ía ao descanso co coñecido (0-1) un balón maxistralmente filtrado ao capitán Óscar que encara a Mateo ao que supera por baixo. (1-1) e partido ao descanso. O empate local facía xustiza ao visto nos primeiros 45 minutos.
A segunda parte comezou cun Marte intenso que forzou nestes minutos varios saques de esquina ben defendidos polos visitantes. Nesa dinámica de partido e cando o Maniños se sacudiu o dominio, forzou un saque de esquina e no lanzamento agarrón a Santi e o colexiado sinala penalti que transforma Miragaya. (1-2) e aínda moito tempo por diante. E si, o CD Marte buscou o empate con afán pero con pouco acerto. De feito, Mateo apenas tivo que intervir para resolver xogadas de perigo real. Eran máis sensacións que outra cousa. Aínda así o equipo soubo sufrir incluso contando con algunha ocasión clara de gol pero tampouco se estivo acertado na definición sobre todo nunha de Álvaro tras pase filtrado de Raúl que inmellorable posición golpeou coas dúas pernas malgastando a ocasión. Neste escenario o partido finalizou co coñecido (1-2) final que permite aos brancos sumar tres importantes puntos.
Non foi o mellor día do Maniños pero en todo momento foi un equipo solidario e moi eficaz nas áreas resolvendo con acerto as acometidas locais e aproveitando as súas opcións aínda que tamén é certo que tivo un par de ocasións para matar o partido e non sufrir tanto. Tres puntos que saben moi ben polo nivel do rival.
E agora a preparar ben o seguinte partido ante outro bo equipo da cidade da Coruña como é o Torre, SD. Será o domingo en O Pote á 17.00 H.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (14-15-16) FEBREIRO
PREBENXAMINES (2ª Fase - X05): CD Narón - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X05): Estrella Solaina - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X05): Cultural Maniños - CD As Pontes (2)
ALEVINES (2ª Fase - X05): Cultural Maniños - AD Miño (1)
INFANTILES (2ªF - X09): ADR Numancia 1 - Cultural Maniños 5
CADETES (2ªF - X09): EF Ortigueira "B" 1 - Cultural Maniños 0
XUVENILES (2ªF - X06): SCRD Narón O Freixo "B" 1 - Cultural Maniños 1
FEMININO (X20): Silva, SD 0 - Cultural Maniños 1 (Lucia Calvo)
VETERANOS (X20): Sporting Coruñés 3 - Cultural Maniños 2 (Javi Rico e David Coira)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X21): Libunca, SD 2 - Cultural Maniños 4 (Iker, Marco, Aitor e Adrián Valdés)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X22): CD Marte 1 - Cultural Maniños 2 (Santi e Miragaya)
martes, 11 de febrero de 2025
lunes, 10 de febrero de 2025
CARMEN BERMÚDEZ CONVOCADA COA SELECCIÓN GALEGA SUB 12
OS VETERANOS NON PODEN CAMBIAR A DINÁMICA
VICTORIA DE GRAN MÉRITO DO FEMININO
TABOAS DOS MODESTOS NUN GRAN PARTIDO ANTE O VICTORIA CF
![]() |
Intre do gol de Hugo |
Prácticamente na primeira xogada da segunda parte os visitantes adiántanse no marcador nunha xogada sen aparente perigo, un disparo desde fóra da área non é blocado por Marcos, caendo o balón a un xogador herculino que en boca de gol adianta aos visitantes. Momentos de desconcerto branco que salva grazas á boa actuación do meta Marcos e a falta de acerto dos visitantes que non estiveron acertados na definición para chegar a gran ocasión branca con dobre poste na mesma xogada primeiro Pedro e posteriormente Hugo acabando finalmente no fondo das redes sendo anulado o gol por fóra de xogo. Pouco despois chegan as táboas ao aproveitar Hugo un balón ben pelexado na liña de fondo por Pedro. (1-1) e un partido aberto e con 20 minutos por diante. De aquí ao final primeiro Pedro e logo o debutante Raúl tiveron as súas opcións pero non foron quen de superar ao meta visitante mentres os visitantes máis pendentes de conservar o resultado tentaron aproveitar algún balón parado sen conseguilo. Con (1-1) finalizou o partido sendo un reflexo da igualdade de forzas polo que se pode considerar o resultado como xusto.
DERROTA NOS INTRES FINAIS DO FILIAL
![]() |
Intre do Maniños B - Miño B |
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (7-8-9) FEBREIRO
PREBENXAMINES (2ª Fase - X04): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X04): DESCANSAN
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X04): DESCANSAN
ALEVINES (2ª Fase - X04): DESCANSAN
INFANTILES (2ªF - X08): Cultural Maniños 1 - CD Narón "A" 3
CADETES (2ªF - X08): Cultural Maniños 5 - Racing San Pedro 0
XUVENILES (2ªF - X05): DESCANSAN
FEMININO (X19): Cultural Maniños 1 - EM Friol "B" 0
VETERANOS (X19): Carnoedo CF 6 - Cultural Maniños 3 (Ramón (2) e Javi Rico)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X20): Cultural Maniños 2 (Aitor e Adrián Valdés) - AD Miño "B" 3
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X21): Cultural Maniños 1 (Hugo) - Victoria CF 1
jueves, 6 de febrero de 2025
O ARTE DE BUSCAR LUZ CANDO TODO PARECE OSCURIDADE
miércoles, 5 de febrero de 2025
O FEMININO SEN OPCIÓNS NA TORRE ANTE O ORZÁN "B"
O FILIAL CAE POLA MÍNIMA
martes, 4 de febrero de 2025
OS MODESTOS SUMARON TRES IMPORTANTES PUNTOS EN CARANZA
Vitoria moi importante dos modestos na súa visita a Caranza para enfrontarse ao Galicia nun partido inédito nos últimos anos nesta categoría ante un rival moi novo con moi bo trato de balón e que creceu co paso das xornadas como o demostra a boa serie de resultados dos seus últimos partidos.
![]() |
Miragaya nun intre do partido en Caranza (Foto: Flor Carrasco) |
O partido foi de dominio branco con control de balón e de xogo pero sen xerar grandes ocasións de gol máis aló dalgún lanzamento de lonxe especialmente por parte de Miragaya que o tentou ata en tres ocasións e a mellor finalizando a primeira parte cunha boa xogada de Hugo con pase atrás, rematando fora Julián nunha inmellorable posición. Pola súa banda poucas aproximacións á porta de Marcos que só fixo unha parada neste tempo, nun tiro raso que detivo sen máis apuros.
A segunda parte comezou cun Maniños máis incisivo buscando a portería rival e así Santi disparou por encima da portería local e unha xogada longa que o balón merodeó pola área pequena do Caranza pero a primeira gran oportunidade tivérona os locáis tras aproveitar un erro na saída de balón este chega a un xogador local en posición inmellorable e o seu disparo ao bordo da área atopa a resposta de Marcos primeiro e do poste despois. Practicamente na seguinte xogada seguinte corner a favor do Maniños, o balón sae fóra da área e aí Santi controla o balón e dispara ao fondo das redes. O máis difícil estaba feito, abrir o marcador. Sucedéronse achegamentos á área local, un bo disparo de Julián desde media distancia, un cabezazo de Gonza tras unha falta de Miragaya que rozou o poste. Finalmente unha recuperación de Álvaro no medio do campo levou o balón a Josiño que dun tiro cruzado puxo o definitivo (0-2) no marcador.
![]() |
Santi celebrando seu gol (Foto: Flor Carrasco) |
Tres puntos importantes que permiten aos brancos asentarse no bloque de arriba clasificatorio ademáis de volver á senda da vitoria tras dous tropezos onde por xogo merecésese moito máis do botín en forma de puntos sumados. O vindeiro domingo visita O Pote o Victoria CF, gran favorito para o ascenso de categoría. A motivación está asegurada. Partido ao grande.
Parabéns equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
lunes, 3 de febrero de 2025
DURA DERROTA DOS VETERANOS FRONTE O ATLÉTICO SOBRADO
O partido comezou de xeito moi desfavorable para Maniños, que encaixou dous goles moi rápidos. A pesar da difícil situación inicial, Maniños intentou corrixir o seu xogo e logrou manter o marcador en 2-0 ata o final do primeiro tempo.
No inicio da segunda parte, e con forzas renovadas, os do Pote dispuxeron de varias ocasións e foi finalmente Mon que conseguiu o gol que os achegaba no marcador; 2-1 e esperanza branca.
Non obstante, a sorte non acompañou ó Maniños, que encaixou o terceiro gol demasiado cedo, baixando o chan as ilusións maniñesas.
Deberán axustar os brancos, que a pesar de dispor de bos momentos durante os encontros, son incapaces de alongalos no tempo, o que lles está imposibilitando competir os partidos.
¡GO MANIÑOS!
RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (31) XANEIRO - (1-2) FEBREIRO
PREBENXAMINES (2ª Fase - X04): Cultural Maniños - Cedeira, SD "B" (1)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X04): Cultural Maniños - Galicia Mugardos (2)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X04): Galicia Mugardos - Cultural Maniños (1)
ALEVINES (2ª Fase - X04): Racing San Pedro - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2ªF - X07): AD Miño 2 - Cultural Maniños 3
CADETES (2ªF - X07): CD As Pontes "B" 1 - Cultural Maniños 2
XUVENILES (2ªF - X05): Cultural Maniños 2 - EF Ferrol vello 3
FEMININO (X18): Orzán, SD 4 - Cultural Maniños 0
VETERANOS (X18): At. Sobrado Xuventude 7 - Cultural Maniños 2 (Mon e Ricardo)
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X19): CCRD Perlío "B" 3 - Cultural Maniños 2 (Juanlu e Hugo)
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X20): Galicia Caranza 0 - Cultural Maniños 2 (Santi e Josiño)