lunes, 24 de noviembre de 2025

EMPATE AGRIDOCE DOS MODESTOS NA POBRA DO CARAMIÑAL

Dominio sen premio nun campo difícil.O encontro estivo condicionado desde o inicio polo estado do terreo de xogo. A choiva caída converteu o céspede natural nun escenario pesado, onde o balón rodaba lento e dificultaba a circulación. A pesar diso, o Maniños mostrouse moi serio, sen pasar ningún apuro defensivo ante un Puebla que buscou balóns en longo esperando o fallo rival.


Ocasións claras e superioridade numérica. Na primeira metade, o equipo tivo o gol moi preto cunha espectacular chilena de Santi que marchou fóra por moi pouco. O partido púxose aínda máis de cara cando o Puebla quedou cun menos tras unha patada sen balón sobre Jaime Urbano no min 33 da primeira parte.

Tralo descanso, o Cultural deu un paso adiante. O equipo axustou o debuxo táctico e pechou ao rival no seu campo. Hugo tivo nas súas botas o gol en dúas ocasións, con dous disparos que marcharon rozando o pau. O control era dos visitantes, pero o Puebla resistía.

Con todo, o fútbol foi cruel. No minuto 66, nunha xogada illada, un centro dende a dereita sen perigo aparente rematou no fondo da rede tras unha acción desafortunada. O (1-0) foi un xarro de auga fría para un equipo que fixera méritos de sobra para levar os tres puntos.

Lonxe de virse abaixo, o Maniños seguiu insistindo, e no 72 Julián apareceu para empatar cun remate certeiro que poñía xustiza no electrónico.

Coas tablas no electrónico, o Maniños continuou empurrando, buscando a vitoria ata o final, pero faltou a concreción final para culminar un bo partido. O empate final deixa un sabor agridoce, xa que puido ser a vitoria, pero as boas sensacións mostran o camiño a seguir.

Empate que sabe a pouco, pero que deixa boas sensacións e mostra o camiño a seguir.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez
en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (21-22-23) NOVEMBRO

PREBENXAMÍN (1º FASE - X06): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (1º FASE - X06): SD Rápido Neda "A" - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "B" (1º FASE - X06): Cultural Maniños - Galicia Caranza (1)
ALEVINES (1º FASE - X06): Cultural Maniños - Eume (2)
INFANTILES (1º FASE - X10): Racing San Pedro 1 - Cultural Maniños 4
CADETES (1º FASE - X08):  Cultural Maniños 9 - CD As Pontes "B" 3
XUVENILES (1º FASE - X09): Cultural Maniños 1 - CD As Pontes 7
VETERANOS (X08): Cultural Maniños 0 - Sporting Coruñés 0 
FEMININO (X11):  Cultural Maniños 2 (Andrea (2)) - Victoria CF "C" 8
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X08):  Cultural Maniños 0 - Narón Freixo 2
AFICIONADOS - PREFERENTE GALICIA (X12):  Puebla CF 1 - Cultural Maniños 1 (Julián)

miércoles, 19 de noviembre de 2025

HORARIOS FIN DE SEMÁN DO (21-22-23) NOVEMBRO

OUTRA XORNADA PARA ESQUECER NO RESTO DE EQUIPOS SENIORS DO CLUB

❌ FEMININO | Segunda División
Bergantiños C.F. “B” 4 – 0 Cultural Maniños
 
 
Partido duro para as nosas, que loitaron ata o final ante un rival moi acertado de cara a portería. O Maniños buscou as súas opcións e mantivo a intensidade, pero esta vez non chegou o premio .
Toca seguir traballando, aprendendo e medrando cada xornada. A ilusión non nola quita ninguén!  
 
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


❌ FILIAL | Terceira Galicia
C.F. Monfero 6 – 1 Cultural Maniños “B” (Marcos)


Derrota clara dun filial que, aínda así, competiu con orgullo e seguiu buscando a súa identidade sobre o campo. O gol de Marcos puxo a nota positiva dun encontro no que o Monfero estivo máis acertado nas áreas.
Toca seguir aprendendo, acumulando minutos e medrando como equipo. O camiño faise andando.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

❌ VETERANOS | Terceira Futgal
Club de Mar Caion 4 – 1 Cultural Maniños (Michu)

Os veteranos deixárono todo na pista nun partido moi esixente. O Club de Mar estivo máis efectivo nos momentos clave, pero os nosos mantiveron carácter, orgullo e non deixaron de competir nin un só minuto. O grupo segue crecendo e demostrando compromiso semana tras semana. A por máis!!!  
 
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí 
 
 GO MANIÑOS

DURA E INXUSTA DERROTA DOS MODESTOS ANTE O BURELA

Partido de moitísimo ritmo e intensidade o vivido onte no Pote. O Burela entrou forte, con presión alta e buscando golpear primeiro, pero o Maniños soubo resistir, manter a orde e incluso saír con claridade ao ataque facendo dudar o rival ⚡️.


A ocasión máis clara da primeira metade chegou tras unha espectacular chilena de
Hugo, que puido poñer por diante aos brancos cun golpeo de mérito. Deixounos tamén accións polémicas. Primeiro, un penalti por man que o colexiado interpretou fóra da área, ante a protesta do Pote. Co (0-0) chegouse ao descanso.

Na reanudación, o guión mantívose: un Burela intentando levar o partido ao seu ritmo e un Maniños sólido, intenso e moi metido no encontro. Chegou o único tanto do partido, precedido dunha falta sobre un xogador branco que o árbitro non considerou suficiente para invalida-la acción pese a chamada esteril do auxiliar para sinalar a falta.

Un golpe duro para un Maniños que estaba competindo a gran nivel.

Nos instres finais puido, e era merecido que chegara o empate, pero a sorte estivo esquiva para os maniñeses...

Malia o resultado, este equipo compite, loita e non baixa os brazos nunca 💪⚪️.

Toca seguir, aprender e manter intacta a ilusión.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí