Partido de moitísimo ritmo e intensidade o vivido onte no Pote. O Burela entrou forte, con presión alta e buscando golpear primeiro, pero o Maniños soubo resistir, manter a orde e incluso saír con claridade ao ataque facendo dudar o rival
️.
A ocasión máis clara da primeira metade chegou tras unha espectacular chilena de Hugo, que puido poñer por diante aos brancos cun golpeo de mérito. Deixounos tamén accións polémicas. Primeiro, un penalti por man que o colexiado interpretou fóra da área, ante a protesta do Pote. Co (0-0) chegouse ao descanso.
Na reanudación, o guión mantívose: un Burela intentando levar o partido ao seu ritmo e un Maniños sólido, intenso e moi metido no encontro. Chegou o único tanto do partido, precedido dunha falta sobre un xogador branco que o árbitro non considerou suficiente para invalida-la acción pese a chamada esteril do auxiliar para sinalar a falta.
Un golpe duro para un Maniños que estaba competindo a gran nivel.
Nos instres finais puido, e era merecido que chegara o empate, pero a sorte estivo esquiva para os maniñeses...
Malia o resultado, este equipo compite, loita e non baixa os brazos nunca 
.

.Toca seguir, aprender e manter intacta a ilusión.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
