miércoles, 23 de octubre de 2024

SORTEO DA XXIV COPA DE FERROL

Onte celebrouse na Delegación de Ferrol da RFGF o sorteo da XXIV Copa de Ferrol coa participación de 26 equipos con baixas significativas como a do Numancia o Estrella.

6 exentos na primeira eliminatoria a disputar o vindeiro 1 de novembro entre eles o Cultural Maniños e a segunda eliminatoria que sería o 6 de decembro sería contra o gañador do Freixo - Valdoviño.

O árbol completo do sorteo é o seguinte:

Sorte equipo nesta competición !!!

GO MANIÑOS

lunes, 21 de octubre de 2024

PUNTIÑO DOS VETERANOS NO POTE

Trala dura derrota da finde anterior, plantábase o Maniños Veterán con forzas renovadas e gañas de darlle a volta a una situación preocupante.

O partido non llo poría fácil os branco, pois xa no minuto 9, un gol en propia porta, subiría o 0 a 1 ó marcador. Tocaba remar de novo.

Abríase un panorama complicado para o equipo, que tería que tratar de remontar o partido ante un equipo rochoso, que ata esta data tan solo encaixara un gol en catro partidos.

Minutos de dúbida para o Maniños, que foi collendo o pulso o partido pouco a pouco, demostrando que non estaba no campo para pasearse.

Con determinación e coraxe, o equipo local comezou a presionar un pouquiño máis alto e crear problemas o equipo visitante, pero todavía sen sorte.

Non foi ata o minuto 44, cando nun córner  executado o primeiro pao por Michu, seguido dun mal rexeite do Sobrado, acabaría cun gol de oportunista de Pepe, que embocaba a porta un balón que paseaba sen dono por área pequena; 1 a 1.

A segunda parte  comezou igualada, o partido loitábase no medio campo, onde o Maniños parecía gañador, pero víase incapaz de achegar bos balóns os seus dianteiros; Mentres tanto, a sensación de perigo en cada contra dos negro amarelos era palpable.

Non foi ata o minuto 72, cando Mon, servía un balón en profundidade para Deus e este centraría para Ricardo, quen tras un caneo o seu par, marcaría o 2 a 1 que poñía por diante os do Pote.

O Maniños  desfrutou duns minutos de desconcerto do Sobrado e dispuxo de varias ocasións, sen sorte, para poder asegurar a vitoria; Pero o fútbol e caprichoso e cando mais preto parecía a vitoria local,  e xa nas postrimerías do partido, un córner, un rexeite na frontal e un remate dun xogador do Sobrado, suporía o empate a 2 definitivo.

A pesar do resultado, o Maniños acabou o partido coa cabeza alta e unha renovada confianza para poder afrontar con positividade os próximos desafíos.

O fútbol é así, ás veces cruel, pero sempre emocionante. E hoxe, tanto Maniños como Sobrado deixaron claro que están listos para loitar ata o final nesta apaixonante tempada.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS!

(Por Javi Pedreiras)

GRAN VICTORIA DO FEMININO NA TORRE

Primeira victoria do Feminino despóis de varios partidos na que a sorte foi esquiva co equipo máis nesta ocasión acadáronde os 3 puntos en xogo que permiten as brancas saír dos postos de descenso. O equipo estaba mellorando e os resultados tiñan que chegar. 

Anotou por partida doble Lucía Calvo que de estrena na súa faceta goleadora. Na segunda parte controlouse o partido para acadar a primeira e ansiada victoria do curso. 

O traballo empeza a dar os seus froitos. 

Parabéns!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras en www.radiofusion.eu, preme aquí

EMPATE VALIOSO DO FILIAL EN PERILLO

Empate valioso do filal na súa visita ao Atlético Perillo. Empezou a cousa moi ben para os nosos con goles de Marco e Victor antes de que se cumprisen os 20 primeiros minutos de partido. Reacción local que acortou distancias para antes do descanso de novo Raúl ampliar as ventaxas chegandose ao tempo de lecer cun esperanzador (1-3).

O segundo tempo comenzou con un Perillo volcado sobre a portería de Joel e así en pouco máis dun cuarto de hora deron a volta ao marcador. O Maniños a duras penas foi quen de sair vivo de estos intres de partido para nos momentos finais un gol en propia meta dos locáis sirveu para poñer as taboas definitivas no marcador.

Moito mérito o empate ante un dos bos equipos da competición. Agora toca facerlo bo o próximo domingo coa visita do UDJ Almeiras no Pote.

 A seguir traballando equipo!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí