Trala dura derrota da finde anterior, plantábase o Maniños Veterán con forzas renovadas e gañas de darlle a volta a una situación preocupante.
O partido non llo poría fácil os branco, pois xa no minuto 9, un gol en propia porta, subiría o 0 a 1 ó marcador. Tocaba remar de novo.
Abríase un panorama complicado para o equipo, que tería que tratar de remontar o partido ante un equipo rochoso, que ata esta data tan solo encaixara un gol en catro partidos.
Minutos de dúbida para o Maniños, que foi collendo o pulso o partido pouco a pouco, demostrando que non estaba no campo para pasearse.
Con determinación e coraxe, o equipo local comezou a presionar un pouquiño máis alto e crear problemas o equipo visitante, pero todavía sen sorte.
Non foi ata o minuto 44, cando nun córner executado o primeiro pao por Michu, seguido dun mal rexeite do Sobrado, acabaría cun gol de oportunista de Pepe, que embocaba a porta un balón que paseaba sen dono por área pequena; 1 a 1.
A segunda parte comezou igualada, o partido loitábase no medio campo, onde o Maniños parecía gañador, pero víase incapaz de achegar bos balóns os seus dianteiros; Mentres tanto, a sensación de perigo en cada contra dos negro amarelos era palpable.
Non foi ata o minuto 72, cando Mon, servía un balón en profundidade para Deus e este centraría para Ricardo, quen tras un caneo o seu par, marcaría o 2 a 1 que poñía por diante os do Pote.
O Maniños desfrutou duns minutos de desconcerto do Sobrado e dispuxo de varias ocasións, sen sorte, para poder asegurar a vitoria; Pero o fútbol e caprichoso e cando mais preto parecía a vitoria local, e xa nas postrimerías do partido, un córner, un rexeite na frontal e un remate dun xogador do Sobrado, suporía o empate a 2 definitivo.
A pesar do resultado, o Maniños acabou o partido coa cabeza alta e unha renovada confianza para poder afrontar con positividade os próximos desafíos.
O fútbol é así, ás veces cruel, pero sempre emocionante. E hoxe, tanto Maniños como Sobrado deixaron claro que están listos para loitar ata o final nesta apaixonante tempada.
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
GO MANIÑOS!
(Por Javi Pedreiras)