martes, 23 de abril de 2024

INXUSTO EMPATE DOS MODESTOS QUE MERECERON MÁIS

Hai veces que o balón non quere entrar e este domingo é un exemplo diso. Entre a gran actuación do porteiro cedeirés, os paus e a falta de acerto dos brancos impediu unha vitoria dos locais aínda que non se pode negar que o equipo fixo o suficiente para gañar salvo nunha aspecto, o acerto que nesta ocasión non o houbo.

Empezou mellor o equipo visitante cun maior control en el centro do campo aínda que sen xerar grandes ocasións na primeira parte. Con todo foron os locais os que puxeron a proba a
David Prieto, o meta visitante que resolveu o perigo con dúas paradas na primeira parte, especialmente unha a disparo de Pitu que buscaba a escuadra e outra moi boa a tiro de Adri. Con moita igualdade entre ambos os equipos finalizou a primeira parte co empate inicila no marcador.

A segunda metade non empezou ben para os brancos xa que aos dous minutos unha xogada individual de Dani Bellas plantouse diante de Mateo e superouno por baixo. (0-1) e tocaba remar. E remouse...o equipo aínda que acusou o gol foi capaz de repoñerse e foi de menos a máis directamente proporcional aos visitantes que co paso dos minutos foron dando un paso atrás. Os achegamentos fóronse sucedendo sen acerto nos metros finais e xa cos cambios, a frescura axudou ao equipo ao empuxón final e así primeiro unha xogada na que Raúl chegou á liña de fondo cun balón que non atopou rematador, de novo Raúl rematando no segundo pau unha xogada de Pedro puxo as táboas e xa na recta final dous postes, un de Pedro e outro de Raúl cos seus consecuentes rexeites que non se puido introducir na meta blanquinegra. Co (1-1) finalizou o partido e coa sensación de perder dous puntos. Nada que reprochar ao esforzo do equipo.

Reparto de puntos que permite aos brancos sumar a non desprezable suma de 48 puntos. Toca afrontar con forzas ou final de tempada quedando 4 xornadas aínda que para o Maniños só serán tres ante a retirada da competición do Laracha CF que anulará todos os resultados da segundo volta deste equipo así como a súa descalificación clasificatoria. Para a semana visita a un dos gallitos da competición como é o Boimorto CF no Carballal

Seguimos !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí