lunes, 8 de abril de 2024

EMPATE CON SABOR A TRIUNFO DO FILIAL

Traballado empate nun gran partido dos nosos rapaces (todos SUB 23 e 4 xuvenís) ante un equipo más feito e con moito ex como Fugui, Iñaki, Roi e Jael.

Partido no que o equipo estivo moi firme atrás buscando a súa oportunidade nalgunha contra que chegou faltando 5 minutos para o final. A bagoa para os intereses brancos foi o rápido empate dos visitantes xa que de non ser tan inmediato quen sabe se os tres puntos poderan ficar no Pote
Anotou Aitor. Punto merecido polo gran traballo de todo o equipo.

Punto de inflexión para intentar a remonta. O domingo a seguir na boa línea xogando nos Calzados ante o Capela.

Así si!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Chiqui en www.radiofusion.eu, preme aquí