Que gran partido púidose ver na desapracible tarde de domingo en O Pote entre dous dos equipos máis en forma do campionato como é o Cultural Maniños e un Sporting Meicende, recentemente ascendido e que está a ser a revelación da tempada a base de bo xogo.
Partido equilibrado onde o Maniños durante os 90 minutos de xogo non pasou por grandes apuros impoñéndose aos poucos os locais que sen ser os claros dominadores do partido tiveron as mellores ocasións de gol. Dúas xogadas a balón parado rematadas por David e Gonza permitiron aos brancos adiantarse e estar máis tranquilos que puideron mesmo ampliar o marcador no primeiro tempo cun gran disparo de Christian que respondeu o meta visitante cunha gran parada.

Na segunda parte o Meicende deu un paso adiante en busca de recortar distancias pero o Maniños mantívose firme e mesmo tivo as mellores opcións para ampliar o marcador, especialmente a través de Hugo, Pedro e unha moi clara e Caio. Non puido ser e o marcador permaneceu inalterable finalizando o mesmo co coñecido (2-0). Vitoria xusta e merecida dos brancos que dan o salto á segunda posición.
43 puntos e vitoria nos últimos tres partidos cun refacho moi positivo salvo o tropezóns do Relámpago de Elviña. A seguir traballando tan ben, tan fortes e tan unidos e co bo ambiente e ilusión que se respira.
Parabéns equipo !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí