Non puido ser e os nosos modestos non puideron eliminar á que é unha das súas bestas negras da Copa nos últimos anos, o AD Miño que o eliminou nos últimos 4 enfrontamentos directos e cun engadido, na volta a casa a xogar un partido de Copa que se remota á tempada 2017/18 e onde precisamente este mesmo equipo eliminou aos brancos poucos días antes de a remontada e ascenso a Primeira Galicia no inesquecible partido de Vizoño.
Sen entrar en moitos detalles do partido o acerto dos visitantes no primeiro cuarto de partido foi determinante ao anotar dous goles que resultaron imposibles de remontar para os brancos que tiveron as súas opcións primeiro acurtando distancias e logo con opcións para Pedro, David e Pitu pero sen acerto. Pola súa banda os visitantes tamén puideron sentenciar o partido pero a boa actuación defensiva e do meta local impedírono. O importante é que o equipo chegou ata o final coas opcións intactas aínda que finalmente a eliminatoria márchase para Miño.
Pitu en el partido de pretemporada ante el AD Miño |
Agora toca centrarse na liga para tratar de competir ata o final así que hai que buscar o lado positivo, se hai algún, da eliminación.
Felicitar á AD Miño e desexarlle sorte ata o final de tempada.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí