Momentos de moita tensión vivíronse na tarde do sábado en O Beco cando nunha xogada moi habitual nun campo de fútbol como foi a disputa dunha balón dividido no que a dianteira chega ao balón antes que a porteira e prodúcese un encontrón que acendeu todas as alarmas. A porteira branca Uxía quedou inconsciente e as alarmas disparáronse pero a rápida actuación da xogadora local Pilar e unha doutora (Ana) que estaba a ver o partido posibilitou o poder estabilizar a Uxía, que tardou entre 4-5 minutos en reaccionar, ata a chegada da ambulancia que ante a seriedade da situación decidiu enviala á Residencia Arquitecto Marcide para facerlle unha exploración completa. Unha vez alí e tras realizarlle próbalas pertinentes e pasar a noite na Sala de Observación de Urxencias, puido trasladarse ao seu domicilio. Afortunadamente non houbo máis complicacións e todos os problemas foron consecuencia do forte impacto pero sen ningunha incidencia neurolóxica. Toca descansar para recuperarse perfectamente do episodio que afortunadamente quedou nun gran susto con final feliz.
| Uxía Armenteros |
Agradecer a todos os alí presentes o extraordinario comportamento e colaboración nestes complicados momentos empezando por todas as xogadoras do Discalzas, o seu adestrador Fran, a súa xogadora Pilar, enfermeira de profesión. Por suposto agradecer tamén a Ana, unha doutora presente entre o público que colaborou activamente na recuperación de Uxía. Ao árbitro Saúl Diéz por saber tamén xestionar a situación. Por último tamén agradecer as numerosas mostras de agarimo e interese de moitos Clubs que se puxeron en contacto coa directiva do Maniños para preguntar polo estado de saúde de Uxía así como o noso Delegado Federativo, Abraham Yáñez acompañando, apoiando e axudando desde o primeiro minuto ou o Vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, moi pendente da situación.
GRAZAS A TOD@S !!!
MOITOS ÁNIMOS UXÍA, EN NADA ESTÁS DE VOLTA!!!