miércoles, 18 de marzo de 2015

III CURSO MONITOR FÚTBOL BASE EN FERROL


Recibimos de la Delegación en Ferrol de la FGF el siguiente email:


"Ferrol organiza o seu terceiro Curso de Monitor de Fútbol Base

Comezará o 13 de abril e celebrarase os luns e mércores de 20:00 a 23 horas con Manolo García como coordinador.
O Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar Méndez; o Delegado de Ferrol da FGF, Manuel Mesa; o Director da Escola Galega de Entrenadores, Manuel Mosquera; e o adestrador e coordinador da actividade, Manolo García, presentaron a que xa é terceira edición do Curso de Monitor de Fútbol Base de Ferrol.

A actividade dará comezo o 13 de abril e rematará o 10 de xuño, desenvolvéndose os luns e mércores de 20:00 a 23:00 horas, na sede da propia Delegación de Ferrol da FGF.

O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o propio día de inicio de Curso. Para anotarse ou ampliar información os interesados poden dirixirse á Delegación ou directamente á Escola Galega de Entrenadores (escuelagallega@gmail.com e www.futgal.es).

Villamisar, Mesa e Mosquera resaltaron a necesidade de que contar, como mínimo, co diploma de Monitor de Fútbol Base para poder dirixir a equipos de fútbol base xa a partir da vindeira tempada e sinalaron tamén a gran demanda existente en Ferrol e comarca, de aí que este sexa o terceiro curso que se organiza na cidade departamental.

Adxúntase documento coa convocatoria do curso donde aparece toda a información do mesmo e tamén a folla de inscrición. 
Un saúdo."
Toda la información así como la documentación a descargar, pincha aquí