Victoria C.F. "C" 2 - 0 Cultural Maniños
Unha vez máis mermadas polas baixas, as nosas loitaron coma leoas ante un gran rival. O Victoria aproveitou as súas chances (21', 40'), pero a entrega do Maniños foi total ata o final. ¡Orgullo!
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Óscar Bermudez en www.radiofusion.gal, preme aquí
Terceira Futgal – Filial
Racing San Pedro 1 - 2 Cultural Maniños
Terceira Futgal – Filial
Racing San Pedro 1 - 2 Cultural Maniños
¡Vitoria de autoridade! O noso filial resolveu con moita pegada. Goles de Gianni Rufai (26') e Gabriel Ciocca (45') para encarrilar os tres puntos. O rival recortou distancias, pero a vitoria viaxa para O Pote. ¡Bravo, rapaces!
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí
Terceira Futgal – Veteranos
Cultural Maniños 3 – 1 C.D. Ciudad
¡Final de liga épico en O Pote! Comezaron perdendo os brancos, pero souperon reaccionar con prontitud e tralo (0-1), apareceu Javi Rico para remontar: primeiro cunha das súas xa míticas chilenas e logo de penalti.
E para o final... ¡o milagre! Adrián soltou un latigazo desde o pico da área que, axudado polo vento , acabou en golazo de portería a portería. ¡Melé sobre o porteiro e éxtase total!
Tras un inicio de tempada complicado, o veterano remata a tempada en metade da táboa e novamente disfrutando do fútbol.


