lunes, 6 de abril de 2026

ESTAMOS NA FINAL DE COPA !!!

A Cultural Maniños xa está na final!
O encontro disputouse nun campo de herba natural, de pequenas dimensións e propicio para o xogo directo. O C.D. Rosalía apostou desde o inicio por un fútbol moi físico, con moita intensidade nos duelos, aínda que por momentos esa intensidade foi algo mal entendida, con entradas demasiado fortes.

A primeira metade estivo marcada polo xogo directo e polos continuos duelos. Houbo pouco fútbol combinativo e poucas ocasións claras, nun partido moi trabado e con moitos balóns longos e segundas xogadas. Así se chegou ao descanso co empate sen goles.

Na segunda parte o Maniños foi asentándose mellor no campo e comezou a facer dano tamén en accións aéreas e balóns colgados. No minuto 63 chegou a xogada decisiva: Javier González “Gonza” recolleu un rexeite dentro da área e, tras un primeiro intento, na segunda enviou o balón ao fondo da rede. Co marcador en contra, o Rosalía colgou aínda máis balóns á área e buscou o empate a base de xogo directo. O balón merodeou o área do Maniños nos minutos finais, pero sen ocasións claras.

O Maniños soubo sufrir e incluso dispuxo de dúas ocasións moi claras á contra para sentenciar o encontro, aínda que non conseguiu materializalas.

Finalmente, os brancos certificaron unha vitoria moi traballada nun partido duro e de moita batalla que os leva á final da XXV Copa Ferrol.

Alí agardará SD O Val, nunha final que será o premio ao esforzo de toda a tempada.

Felicitar ao CD Rosalía por su excelente Copa e desexarlle moita sorte no que queda de tempada.

Parabéns!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí