Na tarde de onte recibimos a mala nova do falecemento de D. Gerardo Pérez Sas, coñecido por "O Queixo".
Gerardo foi unha persoa moi importante no Club dende o seu posto de adestrador, cargo que mantivo moitos anos e en diferentes categorías. Moi implicado e sempre disposto a colaborar. Foi tamén presidente da ACRD O Pote.
Desde aquí mandar un forte abrazo a toda a súa familia, achegados e amigos en xeral, aos que acompañamos no sentimento.
DEP Gerardo
