A partir de aí, partido de batalla. De duelos, de segundas xogadas, de solidariedade defensiva e pulmón infinito. Os brancos souberon sufrir, correr e crer. Cada balón dividido era unha guerra. Cada despexe, unha declaración de intencións.
Cando o empate xa sabía a premio merecido e o puntiño estaba a piques de viaxar para Maniños… chegou o mazazo na recta final. Un deses golpes que doen. Un deses goles que fan silencio no vestiario. Pero que ninguén se engane: este equipo deixou claro que ten carácter, orgullo e alma competitiva.
Perdemos tres puntos.Gañamos respecto.
Non hai tempo para lamentacións…O martes agárdanos a Copa. E este equipo vai ir a por ela...
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
