lunes, 9 de febrero de 2026

AGRIDOCE XORNADA PARA O RESTO DE EQUIPOS

Segunda División – Feminino
CULTURAL MANIÑOS 2 - 3 S.D. MILAGROSA


A mala sorte segue acompañando ao noso Feminino que, despois dun gran partido e dunha entrega sen límites, caeu nos intres finais ante un dos equipos situados na parte alta da táboa.


A lectura é positiva, xa que o equipo competiu a un gran nivel fronte a un rival moi esixente e amosou carácter, compromiso e ambición ata o último minuto.

A seguir loitando!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial
XUVENTUD CABANAS 3 - 1 CULTURAL MANIÑOS


O Filial caeu derrotado (3-1) na súa visita á Veiga. Partido complicado ante un rival que semella terlle tomada a medida aos brancos.


Perdeuse unha batalla, pero a guerra continúa e o equipo segue con todas as opcións intactas.

A seguir traballando duro!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Veteranos
S.D.VALDOVIÑO 0 – 1 CULTURAL MANIÑOS


Os Veteranos seguen coa súa marcha ascendente tras derrotar ao SD Valdoviño en Mourente.


A seguridade defensiva, cun gran
Adrián baixo paus, o traballo e compromiso de todo o equipo xunto coa definición do maestro do gol, Javi Rico, foron dabondo para manter a boa dinámica.

Que non pare!!!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS