lunes, 21 de septiembre de 2026
CASTIGO EXCESIVO PARA OS MODESTOS NO POTE
MALA XORNADA PARA O RESTO DOS EQUIPOS SENIOR
O filial afrontou o partido ante un complicado ADC Moeche con seriedade, orde e vontade de competir, mantendo as súas opcións durante boa parte do encontro. Nunha tarde esixente, os brancos non baixaron os brazos e seguiron buscando o seu momento.
VETERANOS
Os veteranos dominaron o partido e foron superiores ao seu rival durante boa parte dos minutos. A pesar deste dominio, custoulle aos do Pote xerar ocasións claras; un Vioño sempre batallador e as reducidas dimensións do campo dificultaron os ataques brancos.
RESULTADOS FIN DE SEMÁN DO (18-19-20) SETEMBRO
INFANTILES (1ª FASE - X01): Cultural Maniños 14 - Galicia Caranza "C" 0
XUVENILES (1ª FASE - X01): SDR Neda "B" 0 - Cultural Maniños 2
VETERANOS (X02): Vioño CF 2 - Cultural Maniños 1 (Javi Pedreiras)
FILIAL - 3ª FUTGAL (COPA - X02): ADC Moeche 3 - Cultural Maniños 1 (Juanlu)
AFICIONADOS - PRIMEIRA GALICIA (X03): Cultural Maniños 0 - Sporting Coruñés 4
jueves, 17 de septiembre de 2026
lunes, 14 de septiembre de 2026
BOA XORNADA PARA O RESTO DE EQUIPOS SENIOR
FILIAL
O filial tamén asinou un moi bo encontro ante un bo rival, nun duelo intenso e igualado no que os nosos competiron de ti a ti durante os noventa minutos.
O equipo mantivo o pulso do partido, traballou sen descanso e non deixou de buscar o premio ata o final. No minuto 78, Pablo Pérez atopou o camiño do gol para poñer o empate no marcador e premiar o esforzo dun filial que mostrou carácter, compromiso e competitividade.
Bo traballo !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Manel López en www.radiofusion.gal, preme aquí
VETERANOS
Gran comezo ligueiro dos veteranos!!!
O equipo asinou un gran partido, sendo superior en case todalas fases do encontro e deixando boas sensacións neste inicio do curso.
Vitoria baseada no traballo colectivo o compromiso e unha actuación moi completa.
Ese é o camiño!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí


