martes, 29 de octubre de 2024

EMPATE QUE SABE A POUCO DOS VETERANOS FRONTE O CARNOEDO

Novo empate do Maniños Veterano, esta vez fronte o Carnoedo e  por 1 a 1, nun partido competido de principio a fin, no que os minutos finais volveron a ser crueis cos do Pote.

Traballaron os brancos dende o inicio no estilo de xogo traballado durante a semana; Todo parecía funcionar cando xa no minuto 4 marcaba Ricardo, tras unha boa combinación  no medio e un bo pase de Michu as costas de defensa.

O gol deu consistencia a idea inicial dos brancos, que continuaron cun xogo vistoso, onde todos eran protagonistas e eran capaces de xerar ocasión claras de maneira bastante continuada. Sen embargo, non foron quen de concretar ningún gol máis no transcurso da primeira parte e comezaron as dúbidas...

VICTORIA MOI SUFRIDA DOS MODESTOS EN MOURENTE

Din que cando máis custan as cousas máis satisfacción produce o conseguilas. E iso foi o que pasou cos tres puntos sumados no sempre difícil desprazamento a Mourente para enfrontarse a un combativo SD Valdoviño  que resolvera as súas tres primeiros partidos de liga dunha maneira clara e contundente incluso un deles ante un dos galos da competición como é o Olímpico de Rutis.

O partido tivo dúas caras, unha parte para cada equipo. A primeira de dominio de balón e do control do partido dos brancos que se adiantaron en dúas ocasións gracias ao acerto de Julián que marcou os seus dous primeiros goles da tempada, o primeiro cun gran disparo desde fóra da área e o segundo ao aproveitar un balón solto na área tras un saque de curruncho. Non se pode obviar que a gran ocasión errada desta primeira parte a tivéron os locais e con (0-0) cando Seny a pracer e con Marcos superado, rematou e aí apareceu un salvador David rexeitando a córner un gol seguro. Con control branco rematou a primeira metade co coñecido (0-2).

Julián anoutou os dos goliños brancos
(Foto: A Bisbarra en Xogo)

A segunda metade mudou totalmente cun equipo local que sen nada que perder botouse cara adiante presionando arriba buscando acurtar distancias no marcador. A lesión de
Ángel non axudou creando unha sensación de que algo ía pasar e así Miguel Piñeiro cun disparo desde a frontal da área que aínda que tocou Marcos non puido evitar o gol poñendo un inquietante (1-2) con 25 minutos por diante. De aí ao final acoso e derribo dos locais con algunhas situacións de perigo ben resoltas por defensa e porteiros brancos, algún balón que cruzou a área pequena e a falta de precisión nalgún remate dos laranxas. Pola súa banda o Maniños buscou nalgunha contra matar o partido e así finalizando o partido atopouna con José Ángel ben resolta por Sachocos e sen tempo para máis finalizou o partido co (1-2) final.

Marcos en plena celebración
(Foto: A Bisbarra en Xogo)

Tres puntos moi valiosos que permite aos brancos manterse unha semana máis no máis alto da táboa. Felicitar ao equipo por que xogou cuando tivo que xogar e sufriu cando tivo que sufrir. Sétima vitoria consecutiva nunha liga tan competida como esta só pode poñer en valor o gran taballo de todos, corpo técnico e plantilla.

PARABÉNS!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

EMPATE AGRIDOCE DO FEMININO

Taboa agridoce do feminino pois encaixou o gol do empate pasando máis de 6 minutos da prolongación do partido nunha xogada de moi mala fortuna. Partido no que tocou remontar e consigueuse o que demostra que o equipo esta moi vivo.  

A lectura negativa é que son outros puntos perdidos na extra do partido polo que toca mellorar nestas acciones e aumentar a concentración porque están penalizando moito ao equipo. 

A parte do traballo colectivo resaltar o hat trick de Lucía Calvo que sumado aos dous da semana pasada mostran o excelente estado de forma desta xogadora. 

Seguimos na loita !!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noelia Leiras en www.radiofusion.gal, preme aquí

O FILIAL NON PUDO CO JUVENIL DE ALMEIRAS

Derrota do filial ante un bo Juvenil de Almeiras nun partido no que os rapaces o deron todo ante un rival más feito. 5 minutos de desconexión finiquitaron o partido.

Non queda outra que seguir loitando que esto é muy longo e quedan moitas batallas por diante. 

Anotou Alex o gol blanco. 

Seguimos traballando!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noelia Leiras en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (25-26-27) OUTUBRO

PREBENXAMINES (X04): Cultural Maniños - CD Cariño (2)
BENXAMÍN "A" (X04): Cultural Maniños - SRD Canido "B" (2)
BENXAMÍN "B" (X04): Freixo - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (X04): Cultural Maniños - Galicia Caranza "C" (1)
INFANTILES (X06): Cultural Maniños 1 - CCRD Perlío "A" 0
CADETES (X06): DESCANSAN
XUVENILES (X06): Cultural Maniños 0 - Galicia Mugardos 4
FEMININO (X07): Cultural Maniños 3 (Lucía Calvo (3)) - CF Dumbría 3
VETERANOS (X06):  Cultural Maniños 1 (Ricardo) - CF Carnoedo 1
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X07): Cultural Maniños 1 (Alex) - UDJ Almeiras 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X08): SD Valdoviño 1 - Cultural Maniños 2 (Julián (2))