lunes, 14 de octubre de 2024

GRAN VICTORIA DOS MODESTOS NA TORRE

Tróuxose os tres puntos en xogo o Maniños no seu desprazamento aos Campos da Torre da Coruña para enfrontarse ao Torre, SD un equipo recentemente ascendido pero que empezou con forza a competición xa que nas 5 primeiras xornadas sumou 10 puntos cun equipo formado por xente coñecedora da categoría e experiencia, un cocktail perfecto para competir en Primeira Galicia.

A posta en escena dos brancos (de negro nesta ocasión) foi espectacular. Dominio de balón e do xogo cos locáis esperando atrás. Ademais de todo isto o Maniños chegou a xerar ata 4 ocasións claras de gol, a primeira foi unha entrada por parte dereita segundo ataque branco de Santi que buscou a Pedro no canto de tentar acabar a xogada, un pase atrás que Julián en carreira e en inmellorable posición rematou fóra, unha de Santi que só diante do meta local e sen marcaxe botouna fóra e por último un remate de cabeza de David que entrando só á saída dun córner non atopou portería. 4 ocasións e cero acerto o que xerou certa preocupación no Maniños porque xa se sabe o dito futbolístico de "quen perdoa..." afortunadamente na segunda parte ese dominio branco plasmouse en goles. Por parte local ningún achegamento significativo aos dominios de Marcos. Con (0-0) o partido foise ao tempo de descanso. 

A segunda parte comezou co guión soñado, xogada de luxo dos brancos que desde portería e sen tocar o balón ningún rival despois de 8 pases o último nun centro raso e preciso de Adrián, o noveno toque foi de Pedro para remachar ao fondo das redes poñendo un máis que merecido (0-1). Sen dúbida, golazo. Non reaccionaron os locáis e o Maniños seguía tendo o control do partido e así nunha rápida transición o balón chega a Santi que se planta diante do porteiro e aínda que é quen de tirar a portería é derrubado por un defensor local. O árbitro sinala a máxima pena e aí Javi Miragaya pon o (0-2) que daba moita máis tranquilidade a un Maniños que se vía gañador. Pero como o fútbol dá moitas voltas e xa na recta final os locais cun dianteiro altísimo dedicáronse a centrar balóns e chegando ao minuto 90 foron quen cun cabezazo acurtar distancias con todo o tempo de desconto por diante e aí en pleno zafarrancho de combate local e cun Maniños sufrindo o que non o fixera nos 90 primeiros minutos pudo aguantar como pudo as arrancadas locais para na última xogada do partido tras un balón longo de Ángel que pelexou Pedro, o balón chegou sen dono a José Ángel, que aproveitando que o porteiro non estaba na portería, fixo un pase á rede cun toque sutil poñendo o (1-3) no marcador e co gol o Colexiado deu por finalizado o partido. Un resultado que reflicte suceder no Campo da Torre.

Tres puntos por tanto que permite manter a boa serie de resultados coa quinta vitoria consecutiva dos brancos que ademáis rompen co gafe deste campo da Torre que non se daba ben e que permite consolidarse ao equipo nos postos altos da táboa. O vindeiro domingo visita O Pote outro equipo dun barrio da Coruña como é o Relámpago de Elviña esperando que se poida prolongar o refacho.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

DERROTA DUN FILIAL QUE VA A MÁIS

Non pudo puntuar o noso filial ante un dos galiños da categoría, o AD Cristo Rey. Despóis dunha primeira parte moi igualada con oportunidades para ambos equipos, na segunda os visitantes acertaron en duas ocasións levándose os tres puntos en xogo. 

Debotou na segunda parte co filial o xogador Víctor Roca.

Queda moito e o equipo vai a máis, a seguir traballando! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (11-12-13) OUTUBRO

PREBENXAMINES (X02):  Cultural Maniños - Club Campo "B" (2)
BENXAMÍN "A" (X02): Cultural Maniños - CD Narón (2)
BENXAMÍN "B" (X02): Numancia - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (X02): Cultural Maniños - SDR Neda (2)
INFANTILES (X04): Cultural Maniños 1 - Cedeira, SD 6
CADETES (X04): Cultural Maniños 4 - SD Libunca 1
XUVENILES (X03): DESCANSAN
FEMININO (X05): Cultural Maniños 1 (Lucía Montero) - Silva, SD 1
VETERANOS (X04): DESCANSAN 
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X05): Cultural Maniños 0 - AD Cristo Rey 2
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X06): Torre, SD 1 - Cultural Maniños 3 (Pedro, Miragaya e José Ángel)

martes, 8 de octubre de 2024

OS VETERANOS SON GOLEADOS EN CULLEREDO

Dolorosa derrota do Maniños de Veteráns por 7 a 2, nun partido malo, onde se viron superados en todo momento por un SPM superior.

O partido foi duro para os do Pote,  que a pesar de xogar nun campo máis pequeno do habitual e das ganas de mellora, foi incapaz de parar as acometidas do SPM en case ningún momento.

A superioridade foi palpable e os goles foron caendo, como a chuvia que anegou o terreo de xogo, de maneira continuada durante o primeiro tempo, sen que os brancos foran quen de reaccionar e encontrar solucións a tremenda sangría.

A primeira parte chegou o seu final cun rotundo 4 a 0. Non había palabras...

O Maniños tratou de recuperar folgos e sentido común no descanso, pero o SPM non estaba pola labor e rapidamente marcaría o quinto, que afundía máis se cabe os brancos.

Xa nun campo impracticable, mais preto de piscina que de terreo de xogo, os veteráns intentaron igualar con loita o que ata agora foran incapaces de igualar con xogo.

Nunca boa pelexa de Pepe na frontal da área, este era quen de provocar una falta que Javi Pedreiras, cun bo gol, poría no electrónico a honra para o Maniños.

Tratarían os brancos de arrombar o resultado, pero no era o día e outro gol volvería o chan os ánimos dos do Pote.

Co partido xa roto marcaría Javi Pedreiras, de penalti provocado nóvamente por Pepe, o 6 a 2.

Nas postrimerías do partido aínda habería tempo para o último do SPM.

7 a 2 definitivo, dura derrota dos do Pote, que foron incapaces de atoparse cómodos no campo na maior parte do partido,atopándose cun SPM que non perdeu a ocasión para dar un golpe enriba da mesa, e demostrar que chegaron a liga para loitar por una clasificación moi apertada ata o de agora.

Nunca choveu que no escampara 

A adversidade fai que algúns equipos rompan, outros rompen os seus límites

Por Javi Pedreiras.

GO MANIÑOS!

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí