martes, 8 de octubre de 2024

UN GOL NO TEMPO ENGADIDO IMPIDE PUNTUAR AS NOSAS EN FRIOL

Quedouse o noso feminino coa mel nos labios ao caer derrotado no tempo engadido nun partido en que mereceuse máis. Con total seguridade a sorte vai a cambiar. Noutra ocasión saldrá cara... 

Agora toca seguir traballando máis forte si é posible. Anotaron Lore e Andrea. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Noe Leiras e Olaya López en www.radiofusion.eu, preme aquí

PRIMEIRA VICTORIA DO FILIAL

Primer triunfo do Filial na presente tempada tras superar ao SD Libunca nun partido moi competido e emocionante ata o pitido final. 

Por fin a melloría mostrada xa na xornada anterior tivo seus froitos nun partido no que por ocasións o resultado tiña que ser máis folgado. Anotaron Adri e Víctor. O peor as lesións musculares de Juanlu e o nocello de Martín. Boa recuperación para ambos.

3 puntos ilusionantes. 

Parabéns !!! A seguir así !!!. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

lunes, 7 de octubre de 2024

TRES PUNTAZOS ANTE UN GRAN MARTE

Vitoria moi meritoria do Maniños ante o recentemente ascendido CD Marte, equipo que sen dúbida vai ser unha das grandes revelacións da competición polo potencial de xogadores de contrastada calidade no fútbol galego e que puxo desde o asubío inicial as cousas moi difíciles aos brancos aos que unha vez máis lles tocou remar e remontar un resultado adverso. 

Empezou o partido cun Marte moi ben plantado que lle quitou o balón ao Maniños que soubo sufrir nestes momentos esperando a súa oportunidade. Os visitantes sen xerar grandes ocasións de gol, se daba sensación de perigo e xustamente cando parecía que estaba a baixar un pouco nas súas prestacións físicas, unha xogada en aparencia sen perigo en forma de balón cedido a Marcos, este errou no despexe deixando o balón a pracer a un xogador visitante que abriu o marcador. (0-1) e preocupación para os locais. Os brancos non se descompuxeron e non lle perderon a cara ao partido e así uns minutos despois un forte disparo desde fóra da área golpeou nas mans dun xogador visitante e o Colexiado considerou que era merecedor da máxima pena que foi transformada por Javi Miragaya poñendo as táboas no marcador. Pouco despois un balón en longo tras un despexe de David, o porteiro tivo unha indecisión chegando antes Pedro que o superou cun sutil toque e a portería baleira poñía o (2-1). Un gol moi importante que permitiu aos brancos tranquilizarse e asentarse sobre o terreo de xogo. Nada destacable nos minutos fináis desta primeira parte e co coñecido (2-1) chegouse ao tempo de descanso.

A segunda parte foi de poder a poder con opcións para ambos os equipos ampliando o marcador os brancos tras un pase filtrado por Gonza a Santi, este sen marca vírase e desde uns 8-10 metros fóra da área golpea o balón que tras tocar no traveseiro entra na portería dos visitantes. Golazo e aparentemente o gol da tranquilidade. O Marte con todo non estaba polo labor e pronto conseguen acurtar distancias con outro golazo desde fóra da área. Partido de novo incerto co (3-2) ata que unha presión ao bordo da área coruñesa, estes perden o balón que chega a Julián que dispara, detén o meta pero non o bloca e en boca de gol, Pedro pon o definitivo (4-2). de aí ao final pouco máis que destacar finalizando o partido co resultado citado anteriormente de (4-2).

Tres puntos moi valiosos ante un moi bo equipo que demostrou en O Pote as boas referencias con que viñan. Consolidación na parte alta da táboa e agora a seguir na mesma liña de traballo e compromiso. O vindeiro domingo visita aos Campos da Torre na Coruña para enfrontarse a outro recentemente ascendido que está a facer un fenomenal arranque de tempada como é a SD Torre.  Por tanto e como sempre a preparar ben o partido para poder traerse algo positivo.

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (4-5-6) OUTUBRO

PREBENXAMINES (X01): DESCANSAN
BENXAMÍN "A" (X01): SDR Neda - Cultural Maniños (1)
BENXAMÍN "A" (X01): Cultural Maniños - Club Campo "D" (1)
ALEVINES (X01): Numancia - Cultural Maniños (X)
INFANTILES (X03): Freixo "B" 3 - Cultural Maniños 3
CADETES (X03): Meirás CF 1 - Cultural Maniños 3
XUVENILES (X03):   Cultural Maniños 0 - SD Portuarios 11
FEMININO (X04): PM Friol "B" 3 - Cultural Maniños 2 (Lore e Andrea)
VETERANOS (X04): SPM 7 - Cultural Maniños 2 (Mato e Javi) 
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X04): Cultural Maniños 2 (Adri e Víctor) - SD Libunca 1
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X05): Cultural Maniños 4 (Miragaya, Pedro (2) e Santi) - SD Marte 2