![]() |
| intre do partido (Foto: Mercedes Insua) |
lunes, 25 de septiembre de 2023
OS VETERANOS CEDERON ANTE O MERCURIO
A EFECTIVIDADE DECIDEU O PARTIDO DO FEMININO
PALIZA DO CARANZA A NOSO FILIAL
O resultado reflicte o que sucedeu sobre o terreo de xogo de O Pote.
Pouco máis a engadir...
Toca levantarse e seguir traballando todos a un tempo.
Sempre convosco, na vitoria pero moito máis na derrota !!!
GO MANIÑOS
VICTORIA TRABALLADA DOS MODESTOS FRENTE A UN BO RELÁMPAGO
Vitoria xusta e moi traballada do Maniños ante un recentemente ascendido como é a SD Relámpago de Elviña (Coruña) que chegou invicto e imbatido a O Pote e que sufriu a primeira derrota do curso. O partido decidiuse na recta final segunda metade cando o control do partido dos brancos era claro cun Relámpago que baixara as súas prestacións físicas co transcurso dos minutos.
![]() |
| Partido moi pelexado (Foto: Tono Santos) |
A primeira parte foi moi igualada sen un claro dominador, cun equipo visitante moi intenso que buscaba as súas opcións nalgún balón parado e onde apenas houbo ocasións de gol para ambos os equipos. Eso se houbo unha xogada moi polémica despois dunha indecisión do meta visitante que tras disputarlle o balón Ángel, este quedou sobre a liña de fondo sendo máis rápido o xogador branco anotando un gol que como recoñeceu o árbitro a o seu xuizo como válido pero que a requirimento dun dos seus auxiliares foi anulado tras supostamente saír completamente do terreo de xogo, situación que só viu o citado auxiliar mal colocado para sinalar eso ou outra cousa...
![]() |
| Hugo nunha acción de partido (Foto: Tono Santos) |
A segunda parte foi de máis control branco coincidindo co cansazo dos visitantes que apenas inquietaron a portería branca. O Maniños que tivo que superar a baixa de Pitu no descanso afectado duns problemas físicos situou en ele terreo de xogo a Christian que achegou o físico necesario para poder superar aos coruñeses. Así tras varios achegamentos unha xogada embarullada acabou cun tiro de Hugo que sacaron na raia entre o meta e a defensa e na raia de gol Pedro introduciu o balón no fondo das redes. (1-0) que facía xustiza ao sucedido ata ese momento e aí viñeron os mellores momentos locais, así Pedro nunha gran xogada individual tivo o segundo tanto pero foi Christian cun gran golpeo raso de balón o que puxo o (2-0) final. O resto do partido xa foi un deixar pasar os minutos estando máis cerca o terceiro gol branco que os visitantes acurtasen distancias.
![]() |
| Pedro abreu o marcador (Foto: Tono Santos) |
Domingo a Ordes para enfrontarse a un recentemente descendido de Preferente e que requerirá dalo todo para traerse algo positivo. Pero eso será outra historia...
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
RESULTADOS FIN DE SEMANA (22-23-24) SETEMBRO
INFANTILES (1ª FASE - J01): Cultural Maniños 6 - CCRD Perlío 8
CADETES (1ª FASE - J02): DESCANSA POR RETIRADA EF AMISTADE
JUVENILES (1ª FASE - J01): Cultural Maniños 2 - Cedeira, SD 4
FEMININO F11 (J01): Sporting Meicende 4 - Cultural Maniños 1 (Noe)
VETERANOS (J01): Cultural Maniños 1 (Mon) - Mercurio, SD 2
AFICIONADOS - 2ª GALICIA (1ª FASE - J02) Cultural Maniños 0 - Galicia Caranza 10
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (J03) Cultural Maniños 2 (Pedro e Christian) - Relámpago, SD 0




