miércoles, 13 de septiembre de 2023

MATEO O SOCIO MÁIS NOVO DO CLUB

O Cultural Maniños ten o pracer de presentar a un novo membro da Familia Branca, Mateo Pazos Martínez, fillo do noso Capitán do Primeiro equipo, Rober e de Jessica. 

Na foto a familia pousando xunto ás nosas "Xefas" Puri e Elena. 


Parabéns aos pais!!! 

Mateo benvido!!!

martes, 12 de septiembre de 2023

EMPATE NO ARRANQUE LIGUEIRO NUN PARTIDO TOLO

Inicio ligueiro en O Pote cun partido tolo, sen control que finalizou en táboas pero que perfectamente púidose decantar para calquera dos dous lados. Ocasións falladas, goles, postes, goles anulados... un cóctel perfecto para ser espectador neutral pero de moito sufrimento para calqueira dos implicados.

Primer saúdo da tempada
(Foto Tono Santos)

Pódese facer un balance xeral do mesmo con dúas partes moi similares sen un claro dominador por ningunha das dúas partes. Adiantouse o Maniños grazas a un roubo de balón de Xosé Ángel que serviu un balón perfecto para que Pedro superase ao meta visitante Diego. Pero os brancos non puideron conservar ese gol inicial máis aló dun par de minutos para que nunha xogada combinativa iniciada pola dereita do ataque visitante que acabou no fondo das redes. Hugo cun disparo ao pau puido poñer o (2-1) pero foron os visitantes que tras un balón parado os que se adiantaron no marcador que se foron ao vestiario cun preocupante (1-2) para o Maniños. Por certo houbo un gol anulado a Álvaro en unha posición moi al límite...

Ángel nunha xogada na segunda parte
(Foto Tono Santos)

Na segunda parte o
Maniños insistía cun Cambre que a medida que le flaqueban as forzas ía dando un paso atrás. Dominio do balón branco que se incrementou en calidade cos cambios especialmente coa entrada de Pitu que sempre que entra en contacto co balón este xógase con cabeza. Así nunha xogada individual Álvaro cun disparo ao bordo da área que sorprendeu ao meta visitante asinando as táboas. Era o momento dos brancos e así Pedro cun espectacular cabezazo puxo o (3-2) no marcador e o rival moi tocado. Tivo Pitu a sentenza nun un para un co meta que resolveu leste. E cando menos esperábase un balón en longo xerou unha indecisión defensiva chegando o balón a un dianteiro visitante que cunha sutil vaselina superou a Abraham. (3-3) co desconto xa moi avanzado... e pudo ser peor porque lles foi anulado un gol aos visitantes por unha falta sinalada polo Colexiado cando parecía que os puntos podían volar do Pote. Empate final (3-3) que visto o visto fixo xustiza ao sucedido sobre o terreo de xogo.

Pedro un pesadelo para a defensa do Sp. Cambre
(Foto Tono Santos)

Unha pena que se escapasen dous puntos na recta final do partido pero hai que valorar o punto que tamén puido voar. Hai que facer autocrítica e aprender dos erros cometidos e mirar cara adiante que esto só acaba de empezar. 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí

jueves, 7 de septiembre de 2023

PARTIDOS AMIGABLES (7-10) SETEMBRO

MOD 
Xoves 7
O Pote, 20:00 H.
C. Maniños "B" - CF Mandiá

FEM
Domingo 10
Dani Mallo, 12:30 H.
Sporting Cambre - C. Maniños

XUV
Sábado 9
O Pote, 12:00 H.
C. Maniños - SDR Neda

INF
Sábado 9
O Pote, 10:00 H.
C. Maniños - SDR Neda

GO MANIÑOS

sábado, 2 de septiembre de 2023

RESULTADOS DA PRETEMPORADA (28) AG-(3) SEP

MODESTOS
Municipal de Iñas
Atlético San Pedro 1 - Cultural Maniños 1 (Gonza)

O Pote
Cultural Maniños 1 (Pedro) - Galicia Mugardos 2

Municipal de Neda
SD Rápido Neda 4 - Cultural Maniños "B" 6 (Aitor (2), Marco (2), Edu e Alex)

FEMININO 
Os Loureiros
UDJ Almeiras 6 -  Cultural Maniños 0