viernes, 25 de agosto de 2023

NOVO TEST PARA O PRIMEIRO EQUIPO

Hoxe temos o cuarto partido de pretempada para os modestos. Visita O Pote a partir das 20:00 H o Racing de Ferrol de categoría Xuvenil equipo que competirá na Liga Nacional. 

Xa sabedes onde estamos... 

GO MANIÑOS

TERCEIRO TEST ANTE UN PREFERENTE

Tercer partido da pretempada o disputado este mércores no Pote coa visita do novo Preferente, a AD Miño.

Derrota (0-1) nun intenso partido. Presencia de Ipi Amigo no Miño.

Venres novo test.. 

Así son as pretempadas...

GO MANIÑOS

martes, 22 de agosto de 2023

PARTIDOS DO CLUB NESTA SEMANA DO (21-27) AGOSTO

MODESTOS
Mércores 23
O Pote, 20:30 H.
Cultural Maniños, SD - AD Miño

Venres 25
O Pote, 20:00 H.
Cultural Maniños, SD - Racing Juvenil (Liga Nacional)

FEMININO
Domingo 27
O Beco,  11:30 H.
Discalzas, SD - Cultural Maniños, SD

CADETES
Sábado 26
VI Edición Torneo de Fútbol F11 - CF Mandiá

SEGUNDO TEST BAIXO UNHA TREMENDA CALOR

Segundo partido de pretempada do noso primeiro equipo. Nesta ocasión recibimos no Pote ao Olimpico CF de Rutis, un dos mellores equipos da liga o que sin duda é moi bo para seguir progresando na posta a punto do equipo. 

Derrota (0-1) nun partido con ocasións para ambos equipos. 

Seguimos!!!

GO MANIÑOS

viernes, 18 de agosto de 2023

SEGUNDO PARTIDO DE PRETEMPORADA PARA O PRIMEIRO EQUIPO

Este sábado 19 a partir da 12:00 H no Campo de O Pote, segundo partido de pretemporada. Visítanos o actual subcampión de liga de Primeira Galicia e subcampión da Copa Coruña, o Olímpico CF.

Grazas ao Olímpico CF polas facilidades dadas.

GO MANIÑOS