viernes, 18 de agosto de 2023

VARIAS PRESENTACIÓNS DE EQUIPOS DO CLUB

Varios equipos do Club presentáronse esta semana, así este mércores fixeron acto de presenza o Xuvenil e o Cadete nunha reunión dirixida polo Director Técnico, Pablo Mesa. Na tarde de onte xoves realizaron o primeiro adestramento.

Na tarde de hoxe venres preséntase o equipo feminino ás ordes de Juanjo Cebolo. Será a partir da 19.00 H.

Con estas presentacións xa son 5 os equipos do Club que volven á actividade e en breve e dunha maneira paulatina iranse ircorporando o resto das categorías.

GO MANIÑOS

lunes, 14 de agosto de 2023

PRIMER PARTIDO DE PRETEMPADA CON BOAS SENSACIÓNS

O Cultural Maniños disputou este sábado o primeiro partido de pretemporada desprazándose á Barqueira (Cerdido) para enfrontarse á UD Cebarca. 

20 xogadores participaron deste primeiro partido que deixou boas sensacións para as poucas sesións de traballo que levan os xogadores encima.

Cultural Maniños, SD - Temporada 2023/24
(12/08/23), Bernardino Breixo (A Barqueira) 

Vitoria dous brancos ante un equipo local en período de construción despóis das baixas sufridas. O resultado final foi de (0-4). Ao descanso chegouse cun (0-3) con goles anotados polos debutantes
Caio e Aitor este por partida dobre sendo un de penalti, Na segunda parte o tamén debutante Hugo, puxo o cuarto recortando o locais distancias en los instantes finais. 

Bo test para ambos os equipos ganando minutos, carga de traballo e que acabou sen lesionados.

Agradecer á UD Cebarca a súa invitación e excelente trato desexándolle moita sorte para esta tempada.

Seguimos traballando!!!

GO MANIÑOS

miércoles, 9 de agosto de 2023

PRESENTACIÓN DO FILIAL

O noso equipo filial presentáse e realizará o seu primeiro adestramento este venres 11 as 20:30 H. no Campo de O Pote de Maniños baixo a dirección técnica de Michel Rodríguez.

Equipo en reconstrucción tras un cambio de ciclo coa presenza case ao 100% de xogadores SUB 23.

Moito traballo por diante...

GO MANIÑOS

PRIMEIRO PARTIDO DA PRETEMPADA

Este sábado 12 as 18:00 H empezan os partidos de pretemporada para o Primeiro Equipo do Club co desprazamento á Barqueira para disputar un partido amigable co subcampión de Copa de Ferrol, a UD Cebarca no seu magnífico campo de herba natural "Bernardino Breixo"

Grazas á UD Cebarca pola súa invitación.

GO MANIÑOS

PRIMEIRO EQUIPO - BAIXAS

Neste caso toca despedir a dous ilustres que abandonan ou Club esta tempada:

Alex Grueiro

Pertenceu ao Club en dúas etapas, a primeira (2013-2015) e na segundo desde (2018-2023) con pandemia polo medio. "O profesor" deu moito ao Maniños  nas súas 6 tempadas de branco. 

Xogador de gran calidade e visión de xogo, pasou tamén vestido de branco por unha grave lesión de xeonllo. 

Darlle a grazas a Grueiro por todo o achegado ao Club e desexarlle toda a sorte do mundo para o futuro.

Alex Grueiro

Juan Luis Amigo Ferreiro "Juanito"

Sen dúbida o xogador con mellor currículum que pasou polo Cultural Maniños nos seus 60 anos de historia (Compos, Depor, Betis, Levante,...). 

Un pracer e un orgullo ser o décimo e último (de momento) equipo da súa longa traxectoria. 

Ten un récord difícil de igualar como é de de xogar cos seus dous fillos, Óscar e Ipi esta última tempada en Primeira Galicia e defendiendo as cores do Maniños.

Pouco máis se pode engadir...

Grazas por todo Juanito e moita sorte no futuro!!!

Juanito Amigo

GO MANIÑOS