martes, 25 de agosto de 2026

MAL BALANCE NO TORNEO CONCELLO DE FENE

A Cultural Maniños pecha o III Torneo de Fene con dúas derrotas ante o Barallobre (3-1) e o Perlío (1-0).


Dous medio partidos máis de pretempada nos que seguir collendo ritmo, probar cousas e continuar preparando o equipo de cara ao inicio da competición.

Grazas ao Concello de Fene pola boa iniciativa da disputa deste Torneo entre veciños que vaise consolidando.

Unha bagoa perder a oportunidade de conquerir o Trofeo en propiedade. 

Para o ano toca de novo no Pote.  

Seguimos traballando!!!

GO MANIÑOS