viernes, 24 de julio de 2026

RENOVACIÓNS VETERANO TEMPADA 2026/2027

 A Cultural Maniños Veteranos segue dando forma ao seu proxecto mantendo unha das súas grandes fortalezas: un grupo unido, comprometido e con moitas ganas de seguir desfrutando do fútbol.

Unha tempada máis, a familia branca conta coa continuidade dun amplo grupo de xogadores que achegan calidade, experiencia, traballo e ese espírito de equipo que define ao vestiario.


⚪ Nono seguirá sendo unha peza importante no grupo, achegando compromiso, experiencia e ese carácter que sempre suma ao equipo.
⚪ Adri continuará defendendo a portería con seguridade, bo un contra un e dominio nos balóns aéreos.
⚪ David seguirá achegando polivalencia, traballo e disposición para axudar sempre ao equipo.
⚪ Juancho continuará como referente do grupo, achegando colocación, saída de balón e liderado.
⚪ Robert Moreda manterá a súa versatilidade, intensidade e capacidade de adaptación.
⚪ Álex seguirá poñendo pausa, equilibrio e criterio no xogo.
⚪ Mauri continuará achegando experiencia, visión de xogo e calidade desde a banda.
⚪ Marco seguirá representando o traballo, o compromiso e o espírito de equipo.
⚪ Ramón continuará aportando velocidade, intensidade e un potente disparo.
⚪ Raúl seguirá sumando calidade, desborde e último pase no medio campo.
⚪ Michu achegará criterio, bo desprazamento e capacidade para xerar xogo.
⚪ Coira continuará dando equilibrio, serenidade e unha saída de balón limpa.
⚪ Rober Barbas seguirá sendo intensidade, entrega e traballo no centro do campo.
⚪ Kevin continuará achegando presenza, calidade e chegada.
⚪ Mato seguirá sumando talento, visión de intensidade, presión e traballo constante.
⚪ Javi Pedreiras continuará achegando trato de balón, mobilidade e compromiso no medio campo, sempre disposto a sumar e facer grupo.
⚪ Karran continuará aportando velocidade, desborde e perigo ofensivo no ataque branco.
⚪ Juan continuará aportando potencia, desborde e capacidade goleadora.
⚪ José seguirá achegando físico, polivalencia, disparo e traballo.
⚪ Lois seguirá dando velocidade, alegría e compromiso desde a banda.
⚪ Javi Rico seguirá sendo unha referencia no ataque branco, achegando gol,xogo e desborde.
⚪ Ricardo continuará aportando velocidade, verticalidade e gol.


A todos eles, grazas por seguir formando parte desta familia. Porque o máis importante deste equipo é a unión, o compromiso e as ganas de defender este escudo.

🤍 Que ruxa O Pote!