lunes, 26 de enero de 2026

TRES PUNTOS BALSÁMICOS DOS MODESTOS ANTE O CIDADE DE RIBEIRA

Antes do inicio do encontro, O Pote viviu un momento moi especial. O equipo e a afección quixeron render homenaxe a Ángel, lesionado recentemente, enviándolle todo o ánimo e forza posible. Moito máis que fútbol. Volverás máis forte, Ángel.

O partido comezou cun Cidade de Ribeira decidido a mandar e impor o seu ritmo desde o primeiro minuto, pero a Cultural Maniños, ben colocada e paciente, soubo aguantar e esperar o seu momento. Co paso dos minutos, especialmente a partir do 20’, os de O Pote foron gañando terreo e controlando o xogo, volcándoo cara ao campo rival e sorprendendo a un Ribeira que empezaba a sufrir. E así no minuto 35 Julian Pardo abre o marcador tras un córner sacado por Miragaya e prolongado por Agras o segundo pau. Pouco despóis cae o (2-0), De novo Julian Pardo, culminando unha gran xogada pola dereita de Santi. Centro ao segundo pau donde Marcos cede ao medio da área e Julian empurra á rede.


Chegábase ao descanso cun (2-0) no marcador e moi boas sensacións
. O equipo estaba cómodo, serio e con todo de cara.

A segunda metade comezou torcida para os de casa coa expulsión, moi rigorosa, de Miragaya. Tocou reordenarse e sufrir. O Ribeira aproveitou a superioridade numérica e deu un paso adiante, metendo atrás aos maniñeses e chegou no minuto 62 o (2-1). O conxunto visitante recortaba distancias e o partido entraba nun tramo de máxima tensión. A partir de aí, defensa numantina, solidariedade colectiva e un Mateo decisivo baixo paus permitiron á Cultural resistir ata o asubío final.

Tres puntos de ouro para seguir crendo...

O Pote volveu empuxar...

Seguimos!!! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí