lunes, 19 de enero de 2026

DUAS VICTORIAS E UNA DERROTA COMO BALANCE DO RESTO DE EQUIPOS SENIORS DO CLUB

Segunda División – Feminino

Cultural Maniños 0 – 2 S.D.C. San Lázaro


As nosas competiron con orde e intensidade durante boa parte do encontro, pero o San Lázaro aproveitou mellor as súas ocasións . Resultado que a pesar do negativo non empaña o traballo nin a actitude dun equipo que segue medrando xornada a xornada.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


Terceira Futgal – Filial

Cultural Maniños 3 – 2 A.D.C. Moeche


Partido moi igualado e de moita intensidade. O filial soubo manter a calma nos momentos clave e amosou carácter para pechar unha vitoria importante nun encontro esixente ata o final.
 
 Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
 
Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí
  

Terceira Futgal – Veteranos

Cultural Maniños 4 – 1 Hércules S.D.


Bo partido do conxunto veterano, serio e efectivo. A pesar de recibir un gol no minuto 1, o equipo marcou non perdeu o foco e soubo xestionar o encontro con bo xogo e contundencia, sumando tres puntos con autoridade.

Seguimos competindo con ilusión. 
 
 Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí 

GO MANIÑOS