O equipo local iniciou mellor o choque, levando a iniciativa nos primeiros compases e achegándose con algo máis de presenza ofensiva, aínda que sen xerar ocasións excesivamente claras. Nunha acción da primeira metade, os de Ordes conseguiron adiantarse no marcador por medio de Pablo Mouriño (29’).
A partir de aí, a Cultural Maniños soubo recompoñerse e co paso dos minutos foi equilibrando o xogo, medrando co balón e convertendo o encontro nun duelo de ti a ti.
Tras o descanso, o ritmo aumentou e o partido entrou nunha fase máis esixente no plano físico.
Nos últimos minutos, co choque máis roto, o Maniños tivo as súas opcións para lograr o empate, chegando con perigo e obrigando aos locais a defenderse con todo. Neses tramos finais quedou a sensación de que, en partidos así, ás veces as derrotas chegan máis pola dinámica do momento ca polo propio xogo, e que o empate podería ter sido un resultado xusto.
Derrota mínima para os brancos, que deixan boas sensacións competitivas e confirman que o equipo segue crendo e traballando.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
