🔥 Derbi intenso en Gallamonde e punto moi valioso para o Cultural Maniños.
O Cultural Maniños sacou un punto de moito mérito no derbi local fronte ao Miño, nun partido cheo de emoción, pelexa e moitas alternativas ⚪️.
O encontro comezou cun Miño querendo levar o control, pero atopouse cun Maniños moi intenso, capaz de levar o partido ao seu terreo 💪. A pesares diso, os locais adiantáronse no 27’ cun tanto que puxo a situación costa arriba ❌.
Pero a reacción non tardou: no 30’, Hugo Cociña transformou con moita frialdade ☃️ un penalti que puxo o 1-1 no marcador.
Na segunda metade todo seguiu moi aberto 🔄. No 83’, o Miño aproveitou un erro puntual para facer o 2-1 😣. Apareceu entón o carácter dos de O Pote: líneas arriba, empuxe total e un rival que tivo varias contras que non aproveitou ⚠️.
E cando o partido xa morría… no 90’+3’, apareceu Marcos Piñeiro para rematar un córner no segundo pau e asinar o 2-2 definitivo ⚽️⏱️🔥.
Un empate agónico, traballado e cheo de personalidade, que sabe a punto valioso polo escenario e por como se produciu nun derbi sempre especial 🤍.
💯 Orgullo dos nosos. Seguimos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí
