Final moi cruel para os intereses do Maniños nun partido cheo de emocións entre dúas dos equipos que ocupan posicións punteiras na táboa e onde o Relámpago demostrou o que son as boas dinámicas que lle serviu para crer en que podía remontar cando parecía que o partido estaba decidido. Como di o refrán "ata o rabo todo é touro..."
![]() |
Intre do partido na Grela |
O partido púidense resumir facilmente, unha parte para cada equipo. A primeira parte dos brancos que se adiantaron cun golazo de Julián e anulóuselle un gol legal a Santi por un dos erros clamorosos do Colexiado Jorge Andrés Izzi, caseiro a moreas, mal axudado polo seu auxiliar Acuña que se comeu con tomate como demostra o vídeo do partido un fóra de xogo (que non era) de máis de 1 metro o que puido ser o (0-2). Con (0-1) acabou a primeira parte con boas sensacións para os brancos.
Dominio dos locais na segunda parte sen xerar ocasións de gol e cando máis envorcados estaban sobre a meta branca, contra letal e un para un para Santi que salgue desde o seu campo plántase diante do meta local e báteo por baixo. (0-2) e o partido encarrilado. E cunha arbitraxe que foi minando aos brancos con faltas continúas unha e outra vez e carta branca para os locais e cando faltaban 7 minutos, un inofensivo centro desde o lado esquerdo segundo ataque local se envenenó superando a Mateo e metendo de cheo aos locais no partido. Xa no desconto, penalti a favor dos locais, expulsión de Gonza e falta propicia para os locais ao atoparse os brancos cun xogador menos e gol local. De aí ao final xa non se xogou máis entre outras cousas porque desapareceron os balóns (sen comentarios) chegando a estar o xogo detido preto de un minuto sen balóns aínda que este detalle foi intranscendente para o Colexiado que nin se inmutou nin fixo constancia diso. Polo tanto supoñemos que será normal.
Cruel desenlace para os brancos que teñen que pasar páxina rápidamente e non torturarse ante a oportunidade perdida. O domingo as 17:00 H. visita O Pote a SD Valdoviño, un equipo correúdo ao que a clasificación non fai xustiza.
Cabezas erguidas e seguimos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí