lunes, 15 de enero de 2024

EMPATE DOS MODESTOS EN CAMBRE NUN DISCRETO PARTIDO

Partido pouco vistoso o que se disputou na tarde do domingo no "Dani Mallo" de Cambre e que enfrontou ao Sporting e ao Maniños e onde e a diferenza do partido da primeira volta onde houbo 6 goles nesta ocasión non se abriu o marcador e tampouco houbo moitas (por dicir algo) ocasións para que esto sucedese. O Sporting Cambre é un equipo que sen dúbida ocupa unha posición na táboa que non corresponde ao equipo que ten nin á súa proposta futbolística polo que sen dúbida irá para arriba porque compite ante calquera rival e en calquera campo.

No que é o partido en se, foi moi igualado sen un gran dominador aínda que tivo máis o balón o equipo local que tentou contrarrestar o xogo do Maniños desde a posesión pero sen ser un claro dominador nin posuír grandes ocasións. O Maniños pola súa banda defendeu con orde, non pasou por grandes situacións de apuro pero non estivo fino nos labores de creación e aínda que xerou algún acertamiento non tomou decisións acertadas nos metros finais. Con este panorama que durou todo o partido xa que o único que cambiou do primeiro ao segundo tempo foi o sentido do ataque, o partido non podía dirixirse a outra cousa diferente que ao empate inicial. E así foi (0-0) resultado xusto e un punto para cada equipo. 

Un punto e xa son 33 o que permite ao equipo manter posicións de privilexio e manténdose no grupo cabecero perseguidor do intratable líder, SD O Val. Nestes momentos estase a un punto do segundo clasificado, Boimorto CF, co que non se lle pode poñer ningún pero á tempada a nivel clasificatorio.

Hai que manter a "media inglesa" facendo bo este punto o que se conseguirá se se suman os tres puntos ante o Orillamar, SD próximo rival dos brancos en O Pote, un equipo que ten tomada a medida aos brancos nos últimos enfrentamentos polo que haberá que dalo todo para superar ao bo equipo coruñés. 

Bo traballo equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adri Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí