lunes, 24 de febrero de 2025

OS MODESTOS PROLONGAN SÚA BOA DINÁMICA

Vitoria importante do Maniños que rompe a súa mala dinámica de resultados en casa (non gañaba desde o 17 de novembro cando se derrotou ao Numancia) ao derrotar á combativo Torre, SD que levaba unha boa serie de partidos sen perder e que se instalou na metade da táboa con claras aspiracións a seguir escalando posicións.

Intre do partido no Pote entre o Maniños e o Torre
(RRSS: @CulturalManinos)

Empezaron fortes os visitantes especialmente os 20 primeiros minutos onde dominaron o partido con varios achegamentos con tiros afastados e algún balón parado aínda que sen crear problemas serios aos brancos. Non chegou o primeiro tiro a porta dos brancos ata que
Pedro disparou desviado sobre a meta coruñesa.  A primeira clara ocasión foi de Álvaro que tras xogada individual disparou ao traveseiro. Pouco despois chega o primeiro gol branco da tarde, balón que conduce Adri que o filtra a Älvaro, centro deste que controla Santi ao bordo da área, balón atrás e aí Julián cun tiro raso bate ao meta herculino. (1-0). Sentou ben o gol aos brancos coas mellores oportunidades ata chegar ao descanso, un balón que se lle foi pola liña de fondo a Pedro en inmellorable posición tras un bo pase de Santi, unha falta ao bordo da área executada por Miragaya e que tras golpear  na barreira sae pola liña de fondo e un tiro de Santi desviado puxeron a rúbrica á primeira parte onde o Maniños foi de menos a máis e o Torre xustamente ao revés. Co coñecido resultado de (1-0) o partido foise ao tempo de lecer.

A segunda parte non puido comezar mellor para os brancos e así un balón pelexado por Álvaro que o fai chegar a Julián este a Adri en banda que centra de primeira e alí Pedro no segundo pau só ten que empuxar para poñer o (2-0). E cando parecía que o partido estaba controlado e podía quedarse a tarde en tranquila, un minuto despóis do gol, balón en longo a un xogador visitante que aprovéitase dunha dúbida de Mateo en se saír chegando antes ao balón baténdoo por baixo. (2-1) e os visitantes enganchábanse de novo ao partido. A incerteza acabouse cando Adri fixo un magnífico pase a Santi que superou o seu defensor en carreira plantándose diante do meta visitante superándoo por baixo. (3-1) e de novo o incendio parecía controlado. A partir de aquí o partido só tivo un dominador que foi o Maniños que se culminou co último gol branco, xogada de Hugo que chega ata case a liña de fondo, pase atrás e aí Pedro cun tiro raso asinou o seu dobrete. (4-1) e final do partido.

Tres puntos importantes que como xa se dixo arriba rompe a serie negativa en O Pote que xunto aos resultados producidos na xornada levanta aos brancos á terceira posición recortando a distancia en dous puntos ao líder Victoria CF. O domingo partido ante o equipo máis en racha da competición, o Relámpago, SD de Elviña con 8 vitorias consecutivas e ao que se visitará na Grela á 18.30 H. Sen dúbida un gran reto! 

Parabéns equipo!!!

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí

O FILIAL É GOLEADO EN OLEIROS

Derrota clara e contundente do Filial que despóis de varias semanas con altibaxos pero competindo todolos partidos neste foron superados polo bo equipo AD Cristo Rey. 

5 goles na 1ª parte foi a mostra da clara superioridade local. Pouco máis pódese engadir. 

Toca levantarse! 

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Álvaro "Chiqui" Dopico en www.radiofusion.gal, preme aquí

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA (21-22-23) FEBREIRO

PREBENXAMINES (2ª Fase - X06): Cultural Maniños - SD O Val "B" (2)
BENXAMÍN "A" (2ª Fase - X06): Cultural Maniños - CD Narón "B" (X)
BENXAMÍN "B"(2ª Fase - X06): SCRD Narón Freixo - Cultural Maniños (2)
ALEVINES (2ª Fase - X06): Meirás CF "B" - Cultural Maniños (2)
INFANTILES (2ªF - X10): Cultural Maniños 3 - SD Libunca 4
CADETES (2ªF - X10): Cultural Maniños 5 - CD Narón "B" 0
XUVENILES (2ªF - X07): Cultural Maniños 2 - SD Ánimas 1
FEMININO (X21): Cultural Maniños 0 - Orillamar, SD 1
VETERANOS (X21): Cultural Maniños 2 (Javi P. e Ramón) -  Vioño CF 5
AFICIONADOS - 3ª GALICIA (X22): AD Cristo Rey 6 - Cultural Maniños 0
AFICIONADOS - 1ª GALICIA (X23): Cultural Maniños 4 (Julián, Pedro (2) e Santi) - Torre, SD 1

lunes, 17 de febrero de 2025

DERROTA DOS VETERANOS EN CLARA MELLORÍA

    O pasado sábado, o campo de Elviña vibrou cun bo encontro entre o Sporting Coruñés e o Cultural Maniños. O encontro prometía ser unha batalla intensa e, sen dúbida, non defraudou.


Dende o inicio do partido, ambos equipos amosaron un alto nivel de competencia. O Maniños adiantouse no marcador cun gol de Javi Rico no minuto 16, poñendo ao seu equipo en vantaxe. O Sporting Coruñés igualou o marcador no minuto 40, pero os do Pote foron quen de recuperar a vantaxe rapidamente grazas a un gol de falta de David Coira no minuto 43, deixando o marcador 1-2 ao descanso.


Na segunda metade, o Maniños tivo varias oportunidades claras para sentenciar o partido, pero non logrou aproveitalas.


Foron os branquiazuis, quenes nunha contra no minuto 74, empataron o encontro, o que aumentou a tensión no campo. No minuto 80, unha controvertida expulsión de Raúl, cunha actitude canto menos rechamante do árbitro, obrigou a Maniños a repregarse.
A pesar diso, Maniños resistiu e mesmo saíu á contra en algunha ocasión con perigo, pero sen ser capaz de concretar.


Nos últimos instantes do partido, unha falta na frontal e un rexeitamento na área deixaron o balón aos pés dun xogador coruñés, quen non desaproveitou a oportunidade e marcou o gol definitivo, selando a vitoria de Sporting Coruñés por 3-2.


A pesar do resultado, o equipo branco sale reforzado, pois a pesar da mal sorte no resultado final, foi quen de competir durante todo o encontro e incluso ser superior por momentos.
Un bo paso nunca liga complicada para os do Pote, que non perden a ilusión por conseguir mellores resultados.


Acta  do encontro


Proximo encontro:


⚽ Maniños – Vioño
🎪O Pote
📆 23/02/2025
🕤 10.00