O filial regresou de baleiro da súa visita ao campo da Veiga. O estado do terreo de xogo, moi embarrado, condicionou un encontro no que os nosos non conseguiron atopar o seu xogo habitual nin sentirse cómodos sobre o céspede.
O Xuventude de Cabanas, líder da competición, soubo adaptarse mellor ás circunstancias e levou os tres puntos.
VETERANOS
Un gol no minuto 3, nunha acción desafortunada, puxo o partido costa arriba para os do Pote. Tras uns primeiros minutos complicados, os nosos reaccionaron e asumiron o protagonismo. O Maniños foi superior durante boa parte do encontro e dispuxo de ocasións máis que suficientes para conseguir o empate e mesmo darlle a volta ao marcador. Faltou o acerto...
Toca pasar páxina, aprender da experiencia e preparar xa o seguinte compromiso.
Seguimos!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Manel López en www.radiofusion.gal, preme aquí
Un gol no minuto 3, nunha acción desafortunada, puxo o partido costa arriba para os do Pote. Tras uns primeiros minutos complicados, os nosos reaccionaron e asumiron o protagonismo. O Maniños foi superior durante boa parte do encontro e dispuxo de ocasións máis que suficientes para conseguir o empate e mesmo darlle a volta ao marcador. Faltou o acerto...
Visitaba o Pote o líder invicto da competición e os nosos demostraron q poden mirar de fronte a calquera rival.
Unha derrota que polo xogo e a imaxe ofrecida, tamén reforza ao equipo.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí