lunes, 10 de febrero de 2025
CARMEN BERMÚDEZ CONVOCADA COA SELECCIÓN GALEGA SUB 12
A nosa xogadora alevín, Carmen Bermúdez, recibeu a convocatoria para un adestramento con a Selección Galega SUB 12 por 2º ano consecutivo.
OS VETERANOS NON PODEN CAMBIAR A DINÁMICA
Nun vibrante encontro disputado entre o Carnoedo e o
Maniños, os locais levaron a vitoria cun contundente 6-3. O partido, maís
disputado do que reflicte o marcador final, foi un encontro cheo de alternancias
donde o que maís acerto tivo nos intres finais foi o que se levou o gato a
auga.
Dende o inicio, ambos equipos mostraron un alto nivel de
competitividade. O Carnoedo abriu o marcador cedo, pero o Maniños non quedou
atrás e mantivo o duelo axustado. Para o minuto 70, o marcador reflectía un
apretado 3-2 a favor do Carnoedo, pero as opcións para o Maniños eran reais.
VICTORIA DE GRAN MÉRITO DO FEMININO
Victoria de moito mérito do feminino ante o Peluquería Mixta Friol "B" con un solitario gol de penalti de Tensi. Os 3 puntos sirven para fuxir momentáneamente dos postos quentes aunque os resultados da tarde non acompañaron.
Gran esforzo das nosas con moitas baixas.
Partido que comenzou cun máis que merecido homenaxe a Lucía Seoane "Capi" que acudeu ao partido para apoiar as seus compañeiras e que recibeu un recordo das mesmas. Grande Luci !!!
Un bo pulo pero queda moito.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Noelia Leiras en www.radiofusion.gal, preme aquí
TABOAS DOS MODESTOS NUN GRAN PARTIDO ANTE O VICTORIA CF
Disputábase este domingo un dos mellores partidos que se poden presenciar na primeira Galicia coa visita no Pote dun dos favoritos da competición como é o Victoria CF, equipo descendido da Rexional Preferente con xogadores de contrastada valía e que leva desde o comezo da tempada nos postos de honra da táboa clasificatoria.
Prácticamente na primeira xogada da segunda parte os visitantes adiántanse no marcador nunha xogada sen aparente perigo, un disparo desde fóra da área non é blocado por Marcos, caendo o balón a un xogador herculino que en boca de gol adianta aos visitantes. Momentos de desconcerto branco que salva grazas á boa actuación do meta Marcos e a falta de acerto dos visitantes que non estiveron acertados na definición para chegar a gran ocasión branca con dobre poste na mesma xogada primeiro Pedro e posteriormente Hugo acabando finalmente no fondo das redes sendo anulado o gol por fóra de xogo. Pouco despois chegan as táboas ao aproveitar Hugo un balón ben pelexado na liña de fondo por Pedro. (1-1) e un partido aberto e con 20 minutos por diante. De aquí ao final primeiro Pedro e logo o debutante Raúl tiveron as súas opcións pero non foron quen de superar ao meta visitante mentres os visitantes máis pendentes de conservar o resultado tentaron aproveitar algún balón parado sen conseguilo. Con (1-1) finalizou o partido sendo un reflexo da igualdade de forzas polo que se pode considerar o resultado como xusto.
E así foi tras un bo comezo dos visitantes que tiveron varios achegamentos ben resoltos pola zaga e Marcos, o partido foise igualando e Pedro tivo a primeira gran ocasión local tras unha boa recuperación de Hugo no medio do campo resolta polo meta visitante e pouco máis por ambos bandos nunha primeira metade xogada a bo ritmo. con o coñecido (0-0) o partido chegou ao descanso.
![]() |
| Intre do gol de Hugo |
Prácticamente na primeira xogada da segunda parte os visitantes adiántanse no marcador nunha xogada sen aparente perigo, un disparo desde fóra da área non é blocado por Marcos, caendo o balón a un xogador herculino que en boca de gol adianta aos visitantes. Momentos de desconcerto branco que salva grazas á boa actuación do meta Marcos e a falta de acerto dos visitantes que non estiveron acertados na definición para chegar a gran ocasión branca con dobre poste na mesma xogada primeiro Pedro e posteriormente Hugo acabando finalmente no fondo das redes sendo anulado o gol por fóra de xogo. Pouco despois chegan as táboas ao aproveitar Hugo un balón ben pelexado na liña de fondo por Pedro. (1-1) e un partido aberto e con 20 minutos por diante. De aquí ao final primeiro Pedro e logo o debutante Raúl tiveron as súas opcións pero non foron quen de superar ao meta visitante mentres os visitantes máis pendentes de conservar o resultado tentaron aproveitar algún balón parado sen conseguilo. Con (1-1) finalizou o partido sendo un reflexo da igualdade de forzas polo que se pode considerar o resultado como xusto.
Empate que levanta ao Vitoria CF ao liderado deixando aos brancos a 4 puntos e co golaverage gañado ás "cebras". Queda moita liga así que é sempre importante sumar e facer bo o empate a próxima xornada ante outro equipo da Cidade da Coruña como é o CD Marte.
Bo traballo Equipo!!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
DERROTA NOS INTRES FINAIS DO FILIAL
Derrota do Filial nos intres fináis ante o AD Miño "B" que aproveitó mellor as ocasións. O certo é que o noso equipo non ten moita sorte e por 2ª semana consecutiva cae polo mesmo resultado. Bo partido en liñas xeráis moi penalizado nas áreas unha vez máis. Unha bagoa.
![]() |
| Intre do Maniños B - Miño B |
Anotaron Aitor e Adrián Valdés.
O mellor é a gran melloría de todo o equipo.
Hai que loita ata o final !!!
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


