lunes, 22 de diciembre de 2025

DERROTA DOS MODESTOS PARA ACABAR O ANO

Non foi a mellor despedida do ano futbolísticamente falando ao caer ante o CD Lalín, un equipo cun gran historial deportivo, participando no seu momento na 2ª B do fútbol Nacional e do mesmo xeito que a semana pasada o SD Negreira con aspiracións a volver catar o fútbol nacional con primeira parada na 3ª Federación.

Vitoria xusta dos visitantes cun resultado quizais excesivamente avultado para o que se viu nunha desapracible tarde no Campo do Pote qu rexistró unha mala entrada xa que a tarde demandaba máis estar no sofá cunha manta que un campo de fútbol.

Adiantáronse os visitantes que aproveitaron un balón que parose no céspede pola gran cantidade de auga caída. Empataron os brancos cun lanzamento de penalti a través de Javi Miragaya. Con este resultado de táboas o partido foise ao tempo de descanso. O empate empezou a xerar certo nerviosismo nos visitantes aos que só lles valía a vitoria e un penalti de pillería dun xogador do Deza permitiu que o CD Lalín adiantásese no marcador. O terceiro gol matou o partido e xa o cuarto foi meramente testemuñal. (1-4) e os tres puntos marchan para o Manuel Anxo Cortizo.

O peor de todo sucedeu no primeiro minuto de partido coa lesión fortuíta do noso xogador Ángel López que tivo que trasladarse ao Hospital Juan Cardona para avaliar a mesma quedando pendente de probas para concretar o alcance. Ánimo Ángel !!!

Agora toca desconectar, respirar e coller folgos. A tempada non esta sendo doada e só con forza e traballando todos na mesma dirección de puede chegar ao esixente obxetivo da permanencia. 

Ningún resultado nos vai facer esquecer que o 2025 foi o mellor ano deportivo do noso Club, da nosa Cultural.

GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí