lunes, 15 de diciembre de 2025

BOA XORNADA NO RESTO DE EQUIPOS

⚽ SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA

S.D.C. Órdenes 1 – 1 Cultural Maniños
Reparto de puntos nun encontro moi igualado, no que as nosas competiron con personalidade e carácter ata o final. O Maniños soubo resistir nos momentos de maior presión local e respondeu con orde e compromiso colectivo. Un empate que sabe a traballo ben feito e que reforza a confianza do grupo para o que vén.

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

Xurxo Rodríguez en www.radiofusion.gal, preme aquí


⚽ TERCEIRA FUTGAL · VETERANOS

Cultural Maniños 3 – 2 S.D.C. Pastoriza
Gran vitoria dos veteranos nun partido vibrante e cheo de alternativas. O S.D.C. Pastoriza adiantouse no primeiro minuto de xogo, obrigando aos veteranos do Maniños a remar dende o inicio. Tras o paso polos vestiarios, Javi Rico asinou o empate no minuto 55, pero no 77 un penalti moi discutido volveu poñer por diante aos visitantes.

Co 1-2 no marcador afrontáronse os últimos dez minutos, pero nun final cheo de épica, os de O Pote sacaron orgullo, fe e carácter e dous goles de novo dun estelar Javi Rico nos últimos cinco minutos, culminaron unha remontada espectacular para deixar os tres puntos na casa nun final inesquecible. 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

GO MANIÑOS