O S.D. Negreira impuxo o seu ritmo dende o inicio, facendo valer o coñecemento do terreo e unha proposta de xogo sólida. A Cultural Maniños pola súa parte, tratou de pechar as acometidas locais, mantendo a orde defensiva e buscando saír con transicións rápidas ao ataque. Por momentos conseguiuno, pero o conxunto local foi máis continuo e efectivo nas áreas, marcando pouco a pouco as diferenzas no marcador.
A pesar da clara derrota, a sensación debe ser de vitoria: pola oportunidade de competir nun escenario deste nivel, onde a experiencia adquirida vale máis que os puntos. Un aprendizaxe que, sen dúbida, sumará resultados no futuro.
E pobre do que nos queira quitar a ilusión.
GO MANIÑOS

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí