lunes, 3 de noviembre de 2025

TABOAS NUN APAIXOANTE DERBI DE FERROLTERRA

Partido intenso o vivido no Pote entre o Cultural Maniños e a S.D. O Val, que rematou cun xusto 1-1 no marcador.


O encontro comezou con ritmo e pronto se complicou para o Val, que quedou con un xogador menos arredor do minuto 10 tras unha acción ofensiva do Cultural. A pesar da superioridade numérica, ao Maniños custoulle atopar o seu sitio no campo, mentres o Val, ben ordenado e perigoso á contra, freaba os intentos locais. Así se chegou ao descanso cun 0-0 e todo por decidir.

Na segunda metade, o guión mantívose: o Val resistía e o Maniños buscaba camiños cara o gol. E chegou! Nunha boa acción ofensiva, Álvaro recibiu un balón no segundo pau, controlou e sacou un disparo perfecto ao pau longo, imposible para o porteiro. Golazo e 1-0 para os brancos!

Porén, cando o partido parecía encamiñado, unha xogada desafortunada na área local acabou co empate do Val, tras un balón dividido que quedou morto e foi aproveitado polo un xogador visitante.

Nos minutos finais, o Maniños moveu o banco e tratou de buscar con o gol da vitoria, pero o marcador xa non se moveu.

Empate que pode considerarse xusto polo visto no campo.

O equipo segue sumando e toca pensar xa na seguinte cita.onde o Cultural Maniños visitará ao C.F. Dumbría, que suma 12 puntos nas nove primeiras xornadas. Os do Pote, con 7 puntos, buscarán seguir crecendo para traer un resultado positivo e seguir escalando na táboa.

Seguimos loitando, seguimos crendo!!!

GO MANIÑOS 

Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí

 Adrián Martínez en www.radiofusion.gal, preme aquí