Dominio sen premio nun campo difícil.O encontro estivo condicionado desde o inicio polo estado do terreo de xogo. A choiva caída converteu o céspede natural nun escenario pesado, onde o balón rodaba lento e dificultaba a circulación. A pesar diso, o Maniños mostrouse moi serio, sen pasar ningún apuro defensivo ante un Puebla que buscou balóns en longo esperando o fallo rival.
Ocasións claras e superioridade numérica. Na primeira metade, o equipo tivo o gol moi preto cunha espectacular chilena de Santi que marchou fóra por moi pouco. O partido púxose aínda máis de cara cando o Puebla quedou cun menos tras unha patada sen balón sobre Jaime Urbano no min 33 da primeira parte.
Tralo descanso, o Cultural deu un paso adiante. O equipo axustou o debuxo táctico e pechou ao rival no seu campo. Hugo tivo nas súas botas o gol en dúas ocasións, con dous disparos que marcharon rozando o pau. O control era dos visitantes, pero o Puebla resistía.
Con todo, o fútbol foi cruel. No minuto 66, nunha xogada illada, un centro dende a dereita sen perigo aparente rematou no fondo da rede tras unha acción desafortunada. O (1-0) foi un xarro de auga fría para un equipo que fixera méritos de sobra para levar os tres puntos.
Lonxe de virse abaixo, o Maniños seguiu insistindo, e no 72 Julián apareceu para empatar cun remate certeiro que poñía xustiza no electrónico.
Coas tablas no electrónico, o Maniños continuou empurrando, buscando a vitoria ata o final, pero faltou a concreción final para culminar un bo partido. O empate final deixa un sabor agridoce, xa que puido ser a vitoria, pero as boas sensacións mostran o camiño a seguir.
Empate que sabe a pouco, pero que deixa boas sensacións e mostra o camiño a seguir.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
Adrián Martínez en www.radiofusion.eu, preme aquí
