O Cultural Maniños Feminino caeu esta xornada fronte ao C.F. Dumbría por 5-1 nun partido correspondente á Segunda División.
As locais impuxeron o seu ritmo durante boa parte do encontro, mentres o Maniños tratou de manterse no partido con esforzo e carácter. O gol das brancas foi obra de Lucía, que recortou diferenzas e mantivo viva a esperanza durante varios tramos do encontro.
A pesar do resultado, o equipo segue demostrando compromiso e gañas de seguir mellorando xornada tras xornada.
A semán que ven o Cultural recibirá á S.D. Tordoia, actual líder da categoría.
Un rival esixente, pero tamén unha oportunidade perfecta para dar un golpe enriba da mesa e marcar un punto de inflexión na tempada.
Os puntos de inflexión chegan coas valentías. É o momento de crer e loitar mais que nunca.
GO MANIÑOS
Acta do partido en www.futgal.es, preme aquí
