lunes, 26 de junio de 2023

PABLO MESA DEIXA DE SER ADESTRADOR DO PRIMEIRO EQUIPO DO CLUB

Pablo Mesa
Non é fácil dar unha nova como esta,  é que o capitán do noso barco, Pablo Mesa, deixa de ser adestrador do primeiro equipo do Club. Aínda que inicialmente a súa idea era continuar unha tempada máis á fronte, o desgaste destas tempadas de total dedicación ao equipo fixésenlle reflexionar de que a mellor opción era dar un paso ao carón para coller aire e que alguén con ideas novas tomase as rendas do equipo con tempo para planificar a esixente tempada que nos espera.

Pablo chegou ao Club na tempada 2017/18 despois do descenso a Segunda Galicia que afrontou como un reto conseguindo o ascenso na inesquecible tarde de Vizoño cando o equipo nun acto de fe foi capaz de remontar  unha eliminatoria costa arriba en casa dun complicadisimo rival. Sufreuse o descenso na tempada seguinte, un ano no que a deusa fortuna non estivo cos brancos para volver ascender na tempada da Pandemia. Parón na 2020/21 para na seguinte lograr a mellor clasificación da historia branca cun subcampaonato de liga só superados na fase de ascenso a Preferente polo potente SDC Ordes e chegando á final de Copa. Esta tempada consolidación na Primeira Galicia e semifinalista de Copa.

A nivel deportivo pouco máis que engadir e a nivel humano descubrimos a unha gran persoa, seria, cabal e reflexiva contaxiando a todos do seu carácter gañador e a sua cultura do adestramento e xestión de grupos, onde o grupo sempre prevalecía sobre as individualidades.

Agora toca despedirse nesa faceta de adestrador do primeiro equipo pero froito da súa gran implicación co Club seguirá colaborando en O Pote en labores de dirección deportiva axudando a que a base do noso vello Club sígase consolidando e crecendo aos poucos pero dunha maneira firme e con boa letra.

En nome de todos os que formamos este Club o noso sincero agradecemento a Pablo polo seu excelente traballo e o recoñecemento a unha labor incansable, o seu compromiso e os valores que deixa no Club dos cales aínda que noutra faceta a Familia branca seguirá disfrutando.

PABLO, GRACIAS POR TODO !!!